Para conmemorar o Día Internacional da Muller, durante esta semana a mestra e arqueóloga Ana Quicler obsequiounos cun obradoiro sobre arqueoloxía de xénero, na que nenos e maiores aprendemos e reflexionamos sobre unha morea de aspectos relacionados co papel da muller na Prehistoria.
Convocado para realizar unha entrevista no marco do proxecto "Belesar, Camiños da Memoria" que este ano ten a súa continuidade con "Belesar, camiñando pola prehistoria", o Mestre non agardaba que no medio da sesión de gravación apareceran as nais destes alumnos que, á súa vez, eran os seus ex-alumnos. Dúas xeracións en conversa informal cargada de emoción, amor e agradecemento.
Manolo Rodríguez foi mestre en Belesar durante trinta anos ata a súa xubilación hai oito anos. A día de hoxe continúa en contacto estreito con centro e vai xerando "escola" alí por onde vai.
O centro convida a todos os membros da comunidade educativa a acercarse a Radio Belesar, a radio da escola, para conversar co seu alumnado e axudar a recuperar e manter a memoria lo lugar.
A entrevista pode escoitarse en Ivoox ou verse na na nosa canle de Youtube.
xa case estamos en tempo de Entroido e, como cada curso, este venres o Meco fará aparición no centro para darnos mandatos distintos para cada día (non serán acumulativos). Para ir quentando motores e planificando...facemos spoiler das ordes
Xa podedes ver os vídeos do segundo obradoiro da Prehistoria onde levamos a cabo unha morea de actividades onde nenas, nenos e maiores aprendemos moitísimas cousas!