Skip to Content

Venres negros

O Claustro do CEIP Belesar, decidiu unirse as reinvindicacións da comunidade educativa do Val Miñor, nos venres negros. Todos os venres, os mestres acudimos de loito, para expresar o noso malestar coas xestións administrativas que modifican constantemente leis de Educación, cos recortes que degradan a escola pública e as condicións de traballo. Entendemos que a Educación é un investimento, xa que asenta as bases das futuras xeracións.


 


Queremos manifestar e facer visible o noso rexeitamento, tanto aos recortes efectuados no ensino público como á orientación do anteproxecto da nova lei de educación.




book | by Dr. Radut