Skip to Content

Celebracións

SAMAGOSTO 2022

Venres 28 de outubro de 2022

Durante esta semana realizamos unha chea de actividades pola celebración do Samaín, nas que participaron mestr@s, alumnado e familias. Deixámosvos aquí unha recompilación das mesmas: 

MERENDAS TERRORÍFICAS SAUDABLES

O xoves 27, antes do tempo de lecer, comezamos a preparar as merendas terroríficas saudables empregando varias froitas de tempada. Cada ciclo elaborou diferentes merendas e ao rematar, antes de degustalas, pasamos por todas as clases para ver o que fixeran @s demais. 

Este foi o resultado, pinchade na foto para ver máis! 

 

 
HISTORIAS DE MEDO
 
Como contabamos en entradas anteriores, o Sabichón propúxonos inventar historias de medo relacionadas co proxecto deste ano, as ODS. Quedaron terrorificamente incribles! 
 
Pinchade na foto para ver máis!
 
MAGOSTO
 
Ademais do Samaín, o venres celebramos o Magosto, comemos moitas castañas durante o tempo de lecer que asou Luis, o noso conserxe, e pasámolo xenial cos xogos tradicionais que tivemos a sorte de desfrutar durante esta semana e que a profe de E.F. nos ensinou a empregar!
 
Pinchade na foto para ver máis!
 
EXPOSICIÓN DE CABAZAS E VASOIRAS
 
Seguindo co proxecto deste curso, invitamos ás familias a decorar o colexio facendo unha exposición de cabazas e vasoiras de Samaín que estiveran elaboradas con materiais reciclados ou que tiveran na casa. A invitación foi moi ben recibida e este foi o resultado! Quedaron xeniais! 
 
Pinchade na foto para ver máis!
 

CROMA ARREPIANTE

Empregando o croma, realizamos unhas fotos arrepiantes cos nosos disfraces. Pasámolo de medo!
 

                                                Pinchade na foto para ver máis!

 
DECORAMOS A BIBLIOTECA
 
Grazas á colaboración de alumnado e profesorado, a biblioteca pasou a ser un espazo abraiante e espantoso.
     Pinchade na foto para ver máis!

 

FIN DE CURSO 2021/2022

Mércores 22 de xuño de 2022

Despois dun curso cheo de novas experiencias, actividades, saídas, obradoiros, ilusións, xogos... chega o momento da despedida. 

Comezamos a mañá facendo unhas divertidas FOTOS NO PHOTOCALL da entrada.

Logo chegou un dos momentos máis emotivos!!! A GRADUACIÓN do ALUMNADO de 6.º de PRIMARIA. Cantos nervios!!! Despois de 9 cursos xuntos, toca desexarlles moita sorte na nova etapa que comezarán en setembro no instituto e dicirlles que nunca nos esqueceremos deles/as.

Premede na seguinte imaxe para acceder ao vídeo.

A media mañá, a fame comezaba a aparecer, así que chegou A MERENDA SAUDABLE a base de froita fresca: cereixas, sandía, piña, melón, mazás... Estaba todo riquísimo!

Queremos agradecer a colaboración das familias á hora de cortar e preparar a froita.

E rematamos da mellor forma posible... con XOGOS repartidos por todo o colexio.

Por último, desde o C.E.I.P. AS BIZOCAS queremos desexarvos un

FELIZ VERÁN!!!!

Aquí vos deixamos o vídeo cos

nosos sorrisos despedíndonos das

máscaras!!!

Premede na imaxe para acceder.

ATA O CURSO QUE VÉN!!!

 

LETRAS GALEGAS 2021/2022

Maio 2022

Hoxe, 17 de maio, festexamos o Día das Letras Galegas. 

Para celebralo actualizamos o noso vídeo dicionario con máis verbas relacionadas coa nosa terra e contorna tal como facía Florencio Delgado Gurriarán na súa obra, poñendo en valor o agro, a natureza e a nosa cultura.

Ademais, realizamos un pequeno festival no que por grupos, os nenos/as cantaron cancións populares da nosa tradición galega. Os encargados de ensaiar e dirixir aos grupos foron os alumnos/as de 6.º de Primaria. Fixérono xenial!

Para ver o vídeo dicionario e as actuacións premede na seguinte imaxe.

 
 
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 

DÍA DO LIBRO 2021/2022

semana 18-22 de abril de 2022

Con motivo da celebración do Día do Libro, realizamos diversas actividades ao longo da semana:

CREAMOS PORTADAS DE CONTOS

Os/as voluntarios/as da biblioteca elaboraron...

CARTEIS INFORMATIVOS

Realizamos LECTURAS en todas as aulas.

Participamos nun xogo no que cada neno/a escribía un parágrafo dun conto e os demais tiñan que adiviñar QUE CONTO É?

E por se fora pouco, gravamos un vídeo con varios...

BOOKTRAILERS

(preme na imaxe para acceder ao vídeo)

 

 FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

 

SEMANA DA POESÍA 21-25 MARZO 2022

Semana do 21 ao 25 de marzo de 2022

Con motivo do Día Mundial da Poesía (21 de marzo), os alumnos/as de 6.º de Primaria, en colaboración do Equipo de Biblioteca, organizaron unhas actividades fantásticas que eles/as mesmos/as se encargaron de  desenvolver nos Plans Lectores dos demais cursos do colexio.

 

A través de diversas poesías como:

O arco da vella

A páxara pinta

Cómo se dibuja un gato ...

propuxéronos actividades nas que traballamos os poemas de forma lúdica:

  • "Debuxando a poesía"
  • "Pintando a poesía"
  • "Caligramas"
  • "Rimas"
  • "Plumas"

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE, PODEDES ACCEDER AO

VÍDEO

FELIZ DÍA MUNDIAL DA POESÍA!!

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021/2022

Martes 8 de marzo de 2022

O día 8 de MARZO conmemoramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión as nenas e nenos de  6.º de Primaria encargáronse de decorar a biblioteca cuns bonitos carteis de mulleres que foron importantes ao longo da historia. Ademais prepararon pulseiras para todo o alumnado do colexio que eles/elas mesmos repartiron e colocaron. Quedaron preciosas!

 

Se queredes ver como foi o noso 8M premede na seguinte imaxe para acceder ao vídeo.

FELIZ DÍA DA MULLER!

 

ENTROIDO 2021/2022

CHEGA O ENTROIDO AO COLE

DAS BIZOCAS!!!

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021/2022

Mércores 23 de febreiro de 2022

O 23 de febreiro de 2022 celebramos o Día de Rosalía de Castro, auténtica data de nacemento da poetisa galega.

Este ano conmemoramos o día cun mural colectivo que enchemos de pensamentos con versos e palabras dos seus poemas.

Ademais, cada clase escolleu unha das súas poesías e gravou un fantástico vídeo no que os nenos e nenas recitan os versos como auténticos poetas e poetisas. 

Podedes acceder aos vídeos premendo na imaxe do mural!

Esperamos que vos gusten!

 

MANDATOS DO MECO 2021/2022

Venres 18 de febreiro de 2022

 

Chega o Entroido ao cole das Bizocas e con el...

 

OS MANDATOS DO MECO!!!

O LUNS... ALGO NA CABEZA

 O MARTES... ALGO NO PESCOZO

 O MÉRCORES... CALCETÍNS POR RIBA

DO PANTALÓN

 O XOVES... PIXAMA

  O VENRES... DISFRAZ DE ENTROIDO

TRADICIONAL

 

DÍA DA PAZ 2021/2022

Luns 31 de xaneiro de 2022

Este curso celebramos o Día da Paz coa visita de ANXO MOURE, quen acompañado do seu PAZtinete e da súa PAZdeireta fixo as ledicias de alumnado e profesorado coas súas fantásticas historias.

Grazas ás achegas das familias, realizamos unha recollida de alimentos solidaria, colaborando así co seu proxecto de apoio a inmigrantes denominado "Cultura sen papeis".

E como non podía ser doutro xeito, puxemos o cole ben bonito!!!

 

 

 

 

Os nenos e nenas de 1.º de Primaria deséxanvos con este fermoso vídeo un...

FELIZ DÍA DA PAZ!!!

premede na imaxe para acceder

 E na clase de Música, prepararon outro fantástico vídeo!

premede na imaxe para acceder

 

Distribuir contido


by Dr. Radut