Skip to Content

FESTIVAL DE NADAL 2022/2023

Xoves 22 de decembro de 2022

O 22 de decembro tivo lugar o noso festival de Nadal, presentado fantasticamente polos nenos/as de 6.º de Primaria. Preparámolo con moito mimo para que alumnado, familias e profesorado disfrutaramos xuntos deste día.

Comezamos cunha obra de teatro con marionetas titulada "Quen quere ao lobo feroz?" protagonizada polos nenos/as do Club de Lectura.  Fixérono xenial! Noraboa!

Seguiu o alumnado de 4.º E.P., que nos sorprendeu cunha versión de "Jingle Bells" cantando e tocando diferentes intrumentos musicais.

Logo fixemos un pequeno descanso, posto que Papá Noel estaba a piques de chegar. Que emoción! Visitou todas as clases e repartiu caramelos. Fíxonos moita ilusión!

A continuación foi a quenda dos alumnos/as de 2.º, 3.º e 6.º E.P., que cantaron, xestualizaron e tocaron a canción "Rudolph, the red nosed reindeer".

Seguiron os nenos e nenas de Educación Infantil, que cantaron e xestualizaron o retrouso da canción "Eu teño alguén" con lingua de signos. Unha actuación preciosa!

Logo, o alumnado de 1.º E.P. cantou e representou a panxoliña "Buscando Papá Noel a árbore de Nadal". Fixérono incríble!

Despois da panxoliña foi a quenda dos nenos e nenas de 2.º E.P., que cantaron a canción "O progreso", unha letra fermosa que fai referencia ao noso proxecto do cole, os ODS.

Chegando ao final, o alumnado de 1.º e 2.º E.P. fíxonos saber os seus ODSexos de Nadal. Ogallá se cumpran!

E para rematar da mellor maneira, despedimos o ano 2022 coas badaladas protagonizadas polos nenos e nenas de 4.º E.P., acompañadas de gusanitos! Feliz 2023!

Clicade na seguinte fotografía para acceder á galería.

  Esperamos que teñades un moi bo Nadal!

 


page | by Dr. Radut