Skip to Content

25N 2022/2023

Venres 25 de novembro de 2022

 

Durante toda esta semana e especialmente hoxe, 25 de novembro, alumnado, profesorado e familias conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Contamos coa colaboración das familias, pedindo que o alumnado trouxese algunha peza de roupa ou complemento de cor morado, lila ou violeta.

As nenas e nenos de 1.º e 2.º de Primaria decidiron "ver o mundo con gafas violetas" e fixeron un mural e un vídeo cunhas fermosas mensaxes. Clicade na seguinte imaxe para acceder.

Contamos coa asociación "NÓS MESMAS" para desenvolver actividades, como "Flop, un extraterrestre na escola", coas que reflexionamos sobre os diversos tipos de familias, as diferenzas e semellanzas entre nenos e nenas, etc.

Se queredes ver todas as actividades que desenvolvemos, premede nesta última fotografía.

 



page | by Dr. Radut