Skip to Content

Celebracións

ENTROIDO 2021/2022

CHEGA O ENTROIDO AO COLE

DAS BIZOCAS!!!

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021/2022

Mércores 23 de febreiro de 2022

O 23 de febreiro de 2022 celebramos o Día de Rosalía de Castro, auténtica data de nacemento da poetisa galega.

Este ano conmemoramos o día cun mural colectivo que enchemos de pensamentos con versos e palabras dos seus poemas.

Ademais, cada clase escolleu unha das súas poesías e gravou un fantástico vídeo no que os nenos e nenas recitan os versos como auténticos poetas e poetisas. 

Podedes acceder aos vídeos premendo na imaxe do mural!

Esperamos que vos gusten!

 

MANDATOS DO MECO 2021/2022

Venres 18 de febreiro de 2022

 

Chega o Entroido ao cole das Bizocas e con el...

 

OS MANDATOS DO MECO!!!

O LUNS... ALGO NA CABEZA

 O MARTES... ALGO NO PESCOZO

 O MÉRCORES... CALCETÍNS POR RIBA

DO PANTALÓN

 O XOVES... PIXAMA

  O VENRES... DISFRAZ DE ENTROIDO

TRADICIONAL

 

DÍA DA PAZ 2021/2022

Luns 31 de xaneiro de 2022

Este curso celebramos o Día da Paz coa visita de ANXO MOURE, quen acompañado do seu PAZtinete e da súa PAZdeireta fixo as ledicias de alumnado e profesorado coas súas fantásticas historias.

Grazas ás achegas das familias, realizamos unha recollida de alimentos solidaria, colaborando así co seu proxecto de apoio a inmigrantes denominado "Cultura sen papeis".

E como non podía ser doutro xeito, puxemos o cole ben bonito!!!

 

 

 

 

Os nenos e nenas de 1.º de Primaria deséxanvos con este fermoso vídeo un...

FELIZ DÍA DA PAZ!!!

premede na imaxe para acceder

 E na clase de Música, prepararon outro fantástico vídeo!

premede na imaxe para acceder

 

FESTIVAL DE NADAL 2021/2022

Proximamente...

 

25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES 21/22

Xoves 25 de novembro de 2021

Este xoves, día 25 de novembro do 2021, conmemoramos no centro o

Día Internacional da eliminación da

violencia contra as mulleres.

Na actualidade, a desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo e son moitas as mulleres que sofren violencia diariamente. Por iso é importante seguir loitando na procura da igualdade e na eliminación da violencia.

Estas son algunhas das actividades realizadas polas nenas e nenos dos diferentes cursos en relación ao 25N:

 

 

 

 

 

 

 

EN BREVE... O RESULTADO FINAL!!!

 

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2021/2022!

Venres 12 de novembro de 2021

Despois dun ano sen celebracións debido á pandemia, volvemos festexar o Magosto nas Bizocas!!! eso si, cumprindo con todas as medidas sanitarias.

O noso conserxe Luís encargouse de asar as castañas.

Estaban riquísimas!!!

Fixemos uns envases ben bonitos para botar as castañas.

E rematamos a mañá cuns xogos divertísimos repartidos por todo o colexio para non mesturarnos.

FOI UN MAGOSTO XENIAL!!!

 

SAMAÍN 2021/2022

Venres 29 de outubro de 2021

O SAMAÍN CHEGOU... E A TOD@S ATERROOOOU!!!!

 

Podedes ver o VÍDEO COMPLETO do noso Samaín premendo AQUÍ

 

SAMAÍN 2020

Estimadas familias;

Outubro está a piques de finalizar e chega unha das festas que máis lles gusta ao noso alumnado… Samaín. Celebraremos este día cunha exhibición de cabazas que traerán ao colexio entre o mércores 28 e xoves 29. A exhibición realizarase o venres 30 e ese día terán que levar as cabazas para casa.

Por último, comunicarvos que o venres 30 poderán vir disfrazados… sen esquecer a súa máscara!

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut