Skip to Content

SAMAGOSTO 2022

Venres 28 de outubro de 2022

Durante esta semana realizamos unha chea de actividades pola celebración do Samaín, nas que participaron mestr@s, alumnado e familias. Deixámosvos aquí unha recompilación das mesmas: 

MERENDAS TERRORÍFICAS SAUDABLES

O xoves 27, antes do tempo de lecer, comezamos a preparar as merendas terroríficas saudables empregando varias froitas de tempada. Cada ciclo elaborou diferentes merendas e ao rematar, antes de degustalas, pasamos por todas as clases para ver o que fixeran @s demais. 

Este foi o resultado, pinchade na foto para ver máis! 

 

 
HISTORIAS DE MEDO
 
Como contabamos en entradas anteriores, o Sabichón propúxonos inventar historias de medo relacionadas co proxecto deste ano, as ODS. Quedaron terrorificamente incribles! 
 
Pinchade na foto para ver máis!
 
MAGOSTO
 
Ademais do Samaín, o venres celebramos o Magosto, comemos moitas castañas durante o tempo de lecer que asou Luis, o noso conserxe, e pasámolo xenial cos xogos tradicionais que tivemos a sorte de desfrutar durante esta semana e que a profe de E.F. nos ensinou a empregar!
 
Pinchade na foto para ver máis!
 
EXPOSICIÓN DE CABAZAS E VASOIRAS
 
Seguindo co proxecto deste curso, invitamos ás familias a decorar o colexio facendo unha exposición de cabazas e vasoiras de Samaín que estiveran elaboradas con materiais reciclados ou que tiveran na casa. A invitación foi moi ben recibida e este foi o resultado! Quedaron xeniais! 
 
Pinchade na foto para ver máis!
 

CROMA ARREPIANTE

Empregando o croma, realizamos unhas fotos arrepiantes cos nosos disfraces. Pasámolo de medo!
 

                                                Pinchade na foto para ver máis!

 
DECORAMOS A BIBLIOTECA
 
Grazas á colaboración de alumnado e profesorado, a biblioteca pasou a ser un espazo abraiante e espantoso.
     Pinchade na foto para ver máis!

 



page | by Dr. Radut