CURSO 4ºA 4ºB

LETRAS GALEGAS 2024 "HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA"

Este é o mural dedicado a LUÍSA VILLALTA, que preside a entrada do noso cole. Todo o alumnado do cole puxo o seu  anaco para que o resultado final fose este.

Mentres a rapazada de infantil decorou as letras, o alumnado de primeiro ciclo reproduCIU citas da escritora coruñesa,  o de segundo ciclo deixou constancia de partes importantes da súa biografía e do seu activismo social e o de terceiro ciclo escribiu nos pentagramas algún poema.

 

Esta é a aportación e cuarto de primaria.

 

Celebramos a  festa das letras galegas este mércores despois do recreo. Primeiro lemos as nosas aportacións no mural.

 

 Finalmente cantamos todxs xuntxs o himno galego.

 

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS COA ASOCIACIÓN CUNCHAS E FLORES DE BUEU

Este luns, 13 de maio, o alumnado de cuarto tivemos a sorte de elaborar alfombras no patio do noso cole grazas á iniciativa da asociación “Cunchas e flores de Bueu”.

Contáronnos a importancia desta tradición en Bueu e  que a súa intención e que a rapazada a continuemos. Despois fomos directamente para o patio cuberto porque a meteoroloxía non nos permitiu outra opción. Pasámolo xenial! 

Realizamos todas as fases: Primeiro pintamos con xiz os debuxos, despois perfilamos con cunchas e por último enchemos os ocos dos debuxos  con  cores diversas. Quedounos perfecto!

 

 

 

Somos moitxs os que este ano queremos repetir a experiencia nas rúas de Bueu o próximo 1 de xuño.

 

PHO3NIX KIDS

Co gallo do noso proxecto de centro, AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS, seguimos realizando actividades relacionadas co deporte.

Este mércores, 8 de maio, o alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto gozamos dunha moi divertida e instrutiva..
Encantounos esta visita da Asociación Pho3nix kids, da que Javier Gómez Noya é o seu embaixador. Ten como obxectivo promocionar e fomentar a diversión realizando exercicio físico entre os nenos e as nenas coa práctica do triatlón. Pois obxectivo conseguido con todo o alumnado participante do CEIP PLURILINGÜE A PEDRA, parabéns polo voso traballo
Moitas grazas!

 

CORRELINGUA 2024

As rúas de Bueu convertéronse nunha auténtica festa, este martes, 7 de maio, ao recibir a visita do alumnado dos colexios de toda a comarca no Correlingua da comarca.

Baixo o lema “Dende aquí ata acolá,  galego xa” a rapazada percorreu as rúas para reivindicar  o uso da nosa lingua.

Tras a marcha reuníronse na praza Massó para escoitar o manifesto da actriz Isabel Risco e do alumnado do IES Joham Carballeira. Despois de merendar a festa continuou co concerto do grupo infantil A Gramola Gominola.

 

Os nenos e nenas do CEIP A Pedra de Bueu levaban camiseta branca na que levaban unha palabra relacionada co deporte, relacionando así esta conmemoración co PDI do centro "As Olimpíadasde Papirus"

OBRADOIRO DE MICROPLÁSTICOS PROGRAMA PONTE A ZERO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Antón xa é un vello coñecido doa alumnado de cuarto. O ano pasado veu ensinarnos quen vivía no composteiro, pero hoxe dounos unha charla interesantísima sobre os microplásticos


Contounos que están no mar, na selva, no corpo humano, nos animais, nas plantas. Explicounos que existen tamén os nanoplásticos, infinitamente máis pequenos e que xa se atopan no aire e chegan aos nosos pulmóns.

Todxs entendiamos que unha vez o plástico se vai desgastando convértese en esa substancias microscópicas pero o que non sabiamos e que moitos deses plásticos xa nacen sendo microscópicas como son os compostos das rodas dos coches, a pintura branca das estradas, as sinais de tráfico, se vos fixades todas teñen en común que brillan de noite. A nosa roupa está composta en gran parte por eses polímeros e cada vez que a lavamos vaise pola rede de sumidoiros e chega ao mar ou aos ríos.

Despois fixemos un obradoiro moi práctico e divertido coa area da praia.

·        

Primeiro cos coadores peneirámola e sacamos os plásticos máis grandes.

·        

Despois coas lupas atopamos outros máis pequenos.

·        

Finalmente utilizamos as lupas binoculares, semellantes aos microscopios e atopamos por fin eses microplásticos que a simple vista eran imposibles de ver.

SABEMOS QUE A ÚNICA SOLUCIÓN E ELIMINAR O USO DE PLÁSTICOS DA NOSA VIDA.

No seguinte vídeo tedes imaxes do obradoiro.

 

DEPORTE ADAPTADO

O alumnado de segundo, terceiro e cuarto, recibimos a visita de persoas con parálise cerebral da asociación APAMP  de Vigo

 

Primeiro asistimos a unha charla de concienciación sobre discapacidade, na que tamén nos explicaron como prectican boccia, deporte paralímpico  similar á petanca e slalom, xogo no que hai que superar distintos obstáculos sentados en cadeira de rodas.

 

Posteriormente veu o mellor, porque xogamos baixo a batuta de Diana, Antía e das súas monitoras.  Foi sen dúbida unha experiencia inesquecible, pois comprobamos que o deporte pode ser gozado por todas as persoas.

 

Esta actividade está englobada dentro do PDI do centro “As Olimpíadas de Papirus”

A mellor maneira de comprender o que acontenceu este día e vendo o seguinte vídeo.

 

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro, este ano reflexionamos sobre cal era o libro que máis no gustou do Bibliocastelo.

Despois fixemos un  traballo plástico no que ademais de poñer o título, o nome do autor ou autora tamén escribiamos por que nos gustou e faciamos un debuxo.

Se clicas na seguinte imaxe poderás ver cales foron as nosas recomendacións.

 

Posteriormente elboramos por equipos un guión de radio e fomos gravar á nosa emisora

 

GHALLUFADAS

Sabiades que ghallufar significa facer trampas? Sabiades que esta palabra é propia de Bueu? Pois si, e o noso Concello rescatouna da memoria das persoas maiores e púxolle ese nome á actividade a que nos invitou este venres.

Pasámolo bomba, recorrendo as distintas mesas e xogando a todos os xogos de mesa que alí había!

 

EXPERIMENTAMOS COAS MEDIDAS

O alumnado de cuarto aproveitamos os recursos que nos ofrece a nosa aula de ciencias para experimentar distintas medidas de capcidade e peso.

 

XORNADA DE CONVIVENCIA DEPORTIVA

Xornada de balonmán dentro do programa XOGADE no pavillón da Raña en Marín.

O alumnado de cuarto de A Pedra compartimos pista de xogo coa rapazada do mesmo nivel do CEIP Montemogos de Beluso e o CPR Virxe Milagrosa de Bueu.

Todxs nos sentimos campións.

 

Pasámolo xenial!

Distribuir contido