ANTIGAS MESTRAS E MESTRE VISITAN A ESCOLA

 

 

 

 

 

 

 

Con motivo do 50 aniversario, o día 4 de maio achegáronse á escola dúas mestras fantásticas, xa xubiladas, Elena e Mabel,que durantemoitos anos ensinaron a nenos e nenas do colexio A Pedra. Puxémonos en contacto con elas para que lle viñeran contar ao alumnado de segundo vivencias da escola de antes, de cando elas empezaron a ser mestras no noso colexio. Explicáronllecomo eran as aulas antes, como facían as fotocopias, que había clases pola mañá e pola tarde, que os nenos e nenas viñan camiñando a escola case todos… tamén lle relataron diferentes anécdotas, unha delas gustoulles moito.

                               A celebración dun día da Paz na escola

Contou Mabel que paracelebrar o día PAZ, crearon unha pomba con globos e dentro deles meteron mensaxes. Despois, reuníronse todos no patio da escola e conseguiron que a pomba saíra voando polo ceo de Bueu, emocionados aplaudiron o seu voo e confiaban que pronto terían noticias das persoas que recibirían as súasmensaxes, pero para sorpresa de todos, aínda hoxe non se sabe onde poido ir parar a pomba, nunca máis houbo noticias!

Esta anécdota suscitou debate. Aquí queda unha foto daquel día da PAZ no colexio A Pedra.

 

Outra das anécdotas que máis chamou a atención dos nenos e nenas, foi a que contou a mestra Elena. Despois de contar a súa experiencia na nosa escola, o alumnado tiña moita curiosidade por saber como eran as excursións que facía cos grupos de 5º e 6º, a lugares como Madrid ou Barcelona. 

Ela explicoulles que nunha destas viaxes, o alumno máis tímido de todos entrou a comprar algunhas cousas nunha tenda, pero cando saíu xa non parecía a mesma persoa porque... estaba disfrazado de romano! Isto fíxolles moita gracia e chamou moito a atención dos cativos, tal como podedes ver nas fotografías.

   

 

Ao día seguinte, 5 de maio, visitounos Ginés, outro mestre estupendo que pasou os seus últimos anos de ensino no noso colexio.

Ginés explicounos que cando comezou a traballar como profesor, non quería que lle chamaran de DON, como era costume naquel tempo e tamén que realizaba actividades divertidas co alumnado e buscaba que ademais de aprender o pasaran ben. Isto, que agora parece normal, antes non o era tanto... e mesmo tiña compañeiros que non lle parecía ben o seu método!

Para demostrarnos o ben que o pasaba o seu alumnado, amosounos como lles ensinaba a ler cun método moi divertido en que cada letra era un obxecto o animal que facía ruídos ou onomatopeas. Ademais fixemos unha excursión "virtual" á praia, onde o alumnado gozou moitísimo.

Tamén practicamos a falar en murciano, pois Ginés naceu en Murcia e cando chegou a traballar a Galicia aprendeu a falar en galego, pero ao principio non lle entendían moi ben porque os murcianos comen os "eses" finais!!!

 

 

 

 

 

 

 

Grazas Mabel, Elena e Ginés, seguides sendo unhas grandes mestras e mestre!!!