Actividades

DÍA DA RADIO: 13 DE FEBREIRO

Dende o ano pasado temos a sorte de contar na nosa escola cunha radio e como o vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio gravamos para a ocasión uns podcasts co alumnado de 3º e 4º de educación primaria.

As alumnas e alumnos de gravaron os contos da Rata Luisa e os de fixéronlle unha entrevista á mestra Sonia sobre unha das súas paixóns: a música tradicional.

Esperamos que desfrutedes tanto escoitándoos como nós o fixemos preparándoos e gravándoos.

Pinchade na imaxe para escoitar cada un dos podcasts.

 

 

 

PERSOAS RELEVANTES POLA LOITA POLA PAZ

O alumnado de 6º e 5º de educación primaria levaron a cabo unha investigación sobre persoas relevantes na loita pola Paz. A continuación deixámosvos cos seus traballos e uns podcast que expoñen o seus traballos. Escanea os códigos QR para escoitalos.

 

  

 

ROSCO do DÍA DA PAZ

Para a conmemoración do Día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA preparamos este rosco de palabras para ver cantas palabras coñecedes que gardan relación coa temática.

Pensamos que era boa idea, xa que en colaboración co Equipo de Convivencia todos os alumnos e as alumnas do centro tamén escribiron nunha pluma unha palabra que para eles e elas representaban a PAZ. Con todas elas despois elaborarase a pomba da paz de Picasso.

Esperamos que vos guste!

 

EXPOSICIÓN VIRTUAL SAMAÍN

Prezadas familias,

Temos o pracer de compartir con todas e todos vós o vídeo que realizamos coas vosas "manualidades" de Samaín. Aproveitamos para felicitarvos polo fantástico traballo levado a cabo!

Esta exposición, grazas a vosa colaboración, aínda que non poidamos realizala de xeito presencial por mor desta situación na que estamos inmersos, si podemos levala a cabo de xeito virtual.

Moitas grazas pola vosa participación!!! Sen a vosa axuda non sería posible!!!

Esperamos que desfrutedes da exposición virtual!!!

 

URBANO LUGRÍS E SERES MITOLÓXICOS

Durante estas semanas estivemos coñecendo o pintor Urbano Lugrís. Coñecemos datos sobre a súa vida e as súas obras e serviunos de inspiración para reproducir os seus cadros e para crear os nosos propios seres mitolóxicos para celebrar o Samaín. Todas estas creacións decoran os corredores do noso centro. Deixámosvos un vídeo onde poderedes velas todas.

ACTIVIDADES PARA SAMAÍN

Queremos compartir con vós estes recursos encontrados na web para aprender máis sobre a festa do Samaín e ao mesmo tempo pasalo ben!!!

Para educación primaria:

 

 Para educación infantil:

PODCASTS PARA O SAMAÍN

Como xa sabedes, este ano no centro estivemos traballando lendas e seres mitolóxicos galegos que inspiraron ao pintor Urbano Lugrís. Os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria gravaron na radio varios destas historias para dar comezo á celebración do Samaín.

Fixérono xenial!!!! Esperamos que vos guste. Pinchade na foto para escoitalos!!!

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

 Este curso seguimos contando con restricións por mor da COVID-19 polo que debemos aínda adaptar a celebración das primeiras festas do curso: SAMAÍN e MAGOSTO.

 Como xa sabedes, o venres 29 de outubro será un día especial no centro e animámosvos a todos e todas os que aínda non subistes as vosas creacións a que o fagades para poder desfrutar dunha fantástica exposición web. Tedes de prazo ata o martes 26 de outubro.

 MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!

 A continuación deixámosvos os dípticos que elaboramos para esta ocasión.

21 de marzo DÍA DA POESIA

Hoxe día 21 de marzo é o día da poesía. Dende as diferentes aulas estiveron traballando sobre este fantástico xénero literario.

Todas e todos desfrutaron moito e ata o alumnado dalgunhas aulas animáronse a elaborar as súas propias poesías relacionadas co noso proxecto anual: "A volta ao mundo con Nuno" (medios de transporte e países que visitamos, así como a morriña de estar lonxe da súa terra).  Estamos moi orgullosos do resultado e queremos compartilo con todos vós. Nas seguintes imaxes, se escaneades o código QR levaravos ao recitado dos distintos poemas.

Esta actividade tráenos moitos recordos, xa que o ano pasado nesta actividade participamos todos e todas dende as nosas casas. Afortunadamente este curso podemos levala a cabo xuntos dende a escola.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro e un ano máis quixemos seguir as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a súa celebración adaptándoas á realidade que estamos vivindo.

De xeito colaborativo entre todo o alumnado do centro realizamos o seguinte vídeo onde poderedes atopar información sobre esta ilustre autora e ademais o recitado de varios dos seus poemas. Este traballo permite coñecer, reinterpretar e difundir a súa fantástica obra.

 FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!!

 

Tamén queremos compartir con todos vós este Genally para aprender e coñecer máis sobre esta nosa autora e a súa obra.

 

ACTIVIDADES PARA ENTROIDO

Xa chegou o día de celebrar o Entroido no noso centro!!!!

Queremos agradecer a vosa participación na actividade proposta polo Equipo de Biblioteca que consistía en compartir con todos receitas e disfraces. No blog da biblioteca poderedes visualizar todas estas fantásticas achegas (ou pinchando neste enlace).

Moitísimas GRAZAS!!! Sodes fantásticos e fantásticas!!!!

Agora imos compartir con vós actividades interactivas para aprender aínda máis sobre a celebración do Entroido en Galicia. Esperamos que aprendades e desfrutedes facéndoas.

 

 

Tamén vos deixamos o enlace  dun vídeo dun espectáculo de rúa (Títeres Cachirulo) para todos os públicos que presenta, con vistosos monicreques de madeira, os diferentes entroidos de Galicia, nomeadamente o da Comarca da Ulla. As xeneralas da Ulla:

 

TEMPO DE ENTROIDO: MANDADIÑOS DO MECO

O Entroido xa está chegando e pese á situación na que estamos inmersos procuraremos celebralo do mellor xeito posible.
Como cada ano, ao longo desta semana o Meco solicitaralle ao alumnado que cumpra cos seus mandados e así dar comezo á festa rachada. Cada día desta semana (ata o mércores)  recibiredes unha mensaxe por abalarmóbil informándovos do que se debe traer. Recordade que os mandadiños son acumulativos.


Empezamos:


Chegou o señor Meco
ao colexio da Cristina.
Todo o mundo atento para cumprir cos mandadiños!


Para luns:
Para a semana empezar,
se ao colexio elegante queres vir
algo posto no pescozo debes vestir.

Para martes:
A semana de Entroido imos continuar,
e todo mundo na cabeza
un adorno ten que levar.

Para mércores:
Que divertida esta semana!
Pois para vir ao cole aínda mellor
trae un zapato de cada cor!.

Para xoves:
Hoxe o noso Meco mandón
pide que veñamos cos calcetíns
por riba do pantalón.

 

Tamén queremos compartir con vós esta cantiga do Entroido que a nosa conserxe ANA inventou especialmente para nós!!!!! A nós parécenos fantástica!!! Pulsade na imaxe para escoitala!!!!!!

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe celebramos o día escolar da NON VIOLENCIA e da PAZ. Ao longo desta semana elaboramos uns "atrapasoños" coas nosas mensaxes de paz que colgamos nas entradas do colexio e tamén fixemos unhas pulseiras con estas mensaxes.

Ademais redactamos uns manifestos para proclamar a importancia de seguir loitando entre todos para conseguir un mundo en paz.

Nos seguintes vídeos poderedes ver o resultado de todas estas actividades:

NADAL 2020

Xa chegamos ao final do primeiro trimestre deste curso tan especial.

Queremos agradecervos o voso apoio e esforzo, e desexarvos unhas moi boas festas e todo o mellor para o novo ano 2021!!!!

A continuación podedes ver o vídeo de todas as postais do noso concurso de postais de Nadal. Esperamos que vos guste velo tanto como a nós nos gustou facelas.

SAÚDE E MOITA SORTE!! COIDÁDEVOS MOITO!!!! VÉMONOS Á VOLTA!!!!!

 

Distribuir contido