Actividades

O NADAL EN DIFERENTES PARTES DO MUNDO

Como xa sabedes, este ano as alumnas e alumnos do centro acompañamos a Nuno nas súas viaxes polo mundo.

Nesta ocasión investigamos sobre  como se celebra o Nadal nos distintos países que estamos a visitar.

Ademais aproveitamos a ocasión para gravar e dar comezo a andaina da nosa radio, xa que este curso estamos inmensamente felices de poder formar parte do proxecto RADIO NA BIBLIO. Aínda nos queda moito por aprender e organizar pero é o noso primeiro contacto.

Pinchando nas distintas tarxestas poderedes escoitar os resultados das investigacións levadas a cabo polas distintas clases do centro.

     

    

       

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Vaia científicos e científicas hai neste cole!

 

Unha vez máis temos que agradecer a gran acollida que teñen as propostas de Nuno. Estamos tan felices e emocionados de ver como a pesar da situación que estamos a vivir podemos seguir colaborando xuntos aínda que sexa na distancia.

 

Compartimos todos os experimentos que nos chegaron. Son xeniais!!!!! Ademais seguro que os nenos e nenas aprenderon moito con esta experiencia e as vosas achegas van permitir que se siga experimentando nas casas, intentado realizar os diferentes experimentos que compartistes. 

 

Moitas grazas familias, xa estamos a preparar a próxima, porque para nós é moi importante contar con vós!!!!
 

 

 

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe día 25 de novembro é o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

No colexio ao longo desta semana e a anterior estivemos realizando actividades para tomar conciencia e denunciar esta lacra social.

As alumnas e alumnos de educación infantil estiveron lendo o conto de Arturo e Clementina. No seguinte vídeo poderedes ver as valoracións e conclusións que sacaron. Fixeron un traballo estupendo!!!!

 

Pola súa parte, o alumnado de educación primaria estivo investigando sobre a situación da muller en distintos países do mundo. Estes países son os elixidos para traballar ao longo deste curso escolar dentro do noso proxecto anual "A Volta ao mundo con Nuno". Como poderedes ver no seguinte vídeo, a situación segue sendo moi preocupante e desoladora.

 

 

Dende aquí TODOS E TODAS UNIDOS queremos dicir: 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe venres 20 de novembro celébrase o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA. Ao longo desta semana nas distintas aulas estívose levando a cabo actividades relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas. Grazas á proposta do Equipo de Biblioteca lemos o libro titulado "O LAPIS  MÁXICO DE MALALA"  e realizamos actividades para coñecer os nosos dereitos e reflexionar sobre como se encontran os nenos e nenas en distintas partes do mundo.

No seguinte vídeo poderedes ver unha mostra do que aprenderon e reclaman os nenos e nenas de educación infantil (pinchade na imaxe):

 Este día sérvenos para concienciarnos e concienciar á sociedade sobre a importancia de seguir esixindo que se cumpran os dereitos dos nenos e nenas en todas as partes do mundo.

O alumnado de 2º de educación primaria preparou un baile: O JERUSALEMA CHALLENGE, para conmemorar este día tan importante.

O alumnado de 5º de Educación Primaria colaborou para realizar este GENALLY onde se enumeran un resumo dos dereitos dos nenos e nenas. Serve de lectura-manifesto para dar a coñecer e reclamar que se respecten. Utilizamos un cartel de UNICEF e pulsando no "play" (debaixo de cada dereito) poderedes escoitar cada un deses dereitos de obrigado cumprimento.

CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN

O pasado venres 30 de outubro tivemos a sorte de poder celebrar o Magosto e o Samaín no noso centro. Este ano tivemos que adaptarnos ás circunstancias e non puidemos asar as castañas pero grazas por colaborar traendo unhas merendas adaptadas á celebración.

Despois da degustación, puidemos xogar cos compañeiros e compañeiras das nosas clases a xogos tradicionais (adaptados para a circunstancias). Pasámolo xenial!!!

No seguinte vídeo poderedes ver a nosa celebración.

 

SAMAÍN 2020

Ao longo de toda esta semana estivemos levando a cabo moitas actividades ao redor da celebración do Samaín e do Magosto. Na blog da biblioteca do centro poderedes ver moitas delas: curtas, contacontos das familias e as lecturas terroríficas dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria.

Este ano non puidemos decorar o centro como acostumamos a facelo pero... grazas a vosa colaboración puidemos organizar unha exposición virtual que poderedes visitar no vídeo que aparece a continuación. Ademais todo o alumnado do centro participou en elaborar unha lenda do Samaín!!!! O resultado desta colaboración entre todas as aulas do centro poderedes escoitala tamén no vídeo.

Moitas moitas grazas pola vosa colaboración e participación!!!!Non podemos estar máis felices co resultado obtido!!!!

 

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2020

A pesar da situación, non imos deixar de celebrar as primeiras festas do curso: SAMAÍN e MAGOSTO.

Como xa sabedes, o venres 30 será un día especial no centro e animámosvos a todos e todas os que aínda non subistes as vosas creacións, a que o fagades ao longo desta fin de semana. Tedes de prazo ata o luns 26 de outubro.

Tamén aproveitamos para recordarlle ás familias que queiran participar nas lecturas terroríficas que envíen os seus vídeos.

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!

A continuación deixámosvos os dípticos que elaboramos para esta ocasión.

                    

Excursión a Marcelle Natureza

Os nenos e nenas de 1º ciclo foron de excursión onte a Marcelle Natureza en Lugo.

Alí as rapazas do centro zoolóxico descrubríronnos os emúes, os dromedarios, wallabyes, xabaríns, aguias.. Contaron tristes historias sobre como os animais salvaxes acabaron alí e as medidas que toman no parque para rehabilitalos e darlles unha vida respetuosa. 

Foi unha experiencia súper enriquecedora, aprendimos un montón e pasámolo xenial.

 

Recomendávosmos a visita!!!

Tríptico información Samáin 2023


Boas tardes a comunidade educativa! Dende o EDLG queríamos eninarvos o documento que se mandaou as familias sobre o noso Samaín, a súa hostoria e algunhas propostas de actividades relacionadas co noso proxecto de centro "Emocioanrte". 

Desexamósvos un feliz samaín!! 

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 Queremos deixarvos uns recursos atopados na rede para celebrar o DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

 

 

REVISTA ESCOLAR 2019/2020

Como cada fin de curso, aínda que este fose dun xeito diferente, non queremos irnos sen antes deixarvos un pouquiño do traballo realizado por todos os alumnos

alumnas do CEIP Plurilingüe A Cristina.

 

Así, a través da "REVISTA AS BRAÑAS 2019/2020" poderedes ver algunhas das actividades que se realizaron nos diferentes cursos. Creemos

importanteindicar, que pese a toda a situación derivada do Covid-19, conseguimos recoller grandes momentos vividos ao longo do curso (algúns dos cales a través

de actividades realizadas durante o confinamento), onde cada neno e nena puxo o seu gran de area para dar como resultado unha gran revista escolar para

compartir con todos vós.

 

Sen máis, agradecervos o voso esforzo e traballo durante todo este curso e máis durante estes últimos meses.

 

Na seguinte imaxe podedes acceder á revista. Desexamos que vos guste e que desfrutedes moito recordando cada un dos momentos vividos.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2020

    Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller fixemos diversas actividades.

 

   Como ben sabedes estamos traballando dende comezo de curso sobre o proxecto de “As Olimpiadas de A Cristina”, polo tanto a nosa labor durante o mesmo é ir investigando e coñecendo un pouco máis sobre os distintos deportes. Nesta ocasión, e para conmemorar un día como este, investigamos varias deportistas galegas (podedes ver unha mostra destas investigacións no blog da biblioteca: http://ceipacristinabiblioteca.blogspot.com/).

 

    Ademais disto, e como actividade final desta conmemoración, hoxe o alumnado de Educación Primaria e os diferentes mestres/as tivemos a gran sorte de contar coa visita dunha destas deportistas investigadas e que ademais vive moi preto de Carballo, concretamente en Ordes, trátase de Natalia Raña.

    Puidemos coñecer máis de preto a súa traxectoria como deportista dende ben pequena, e como pouco a pouco foi obtendo grandes resultados, sen irnos moi lonxe un recente premio como o de “Campioa de España de Ciclocross”. Tamén, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de preguntarlle todas aquelas curiosidades que tiñan en relación aos deportes que practicaba, a dureza das probas, o material e vestimenta empregada, entre outros aspectos. Sen dúbida foi unha visita realmente interesante, onde Natalia lles recordaba constantemente ao alumnado a importancia que ten facer deporte polo simple feito de divertirse...e, que non importa se somos homes ou mulleres, que o realmente importante é loitar polo que a un lle gusta.

 

    Aquí vos deixamos unha mostra da visita. Pinchade na imaxe.

 

 

Moitas grazas Natalia pola túa visita, foi realmente interesante coñecer da túa man aspectos sobre o deporte, e como ben nos recalcaches “DISFRUTADE SEMPRE QUE PRACTIQUEDES ALGÚN DEPORTE”.

24 DE FEBREIRO --DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Achegámonos un ano máis ao 24 de Febreiro, día en que se conmemora a figura dunha das escritoras máis importantes da nosa cultura galega....ROSALÍA DE CASTRO

 

   Para iso, o alumnado do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días sobre varios  poemas reivindicativos de dita escritora. Con eles Rosalía trataba o tema da emigración por aquel entón, algo que todavía se segue vivindo hoxe en día....

 

    Dende o EDLG deixámosvos algunhas mostras do traballo realizado por cada un dos cursos, entre os cales se repartiron unha serie de poemas como por exemplo: "Airiños, airiños aires...", "Tecín sóia a miña tea", "Adiós ríos, adiós fontes", "Para a Habana", entre outros; ademais dunhas imaxes representativas sobre a emigración, para elaborar un mural.

 

    Ademais diso, o alumnado recitou cada un dos poemas, poden ver unha mostra pinchando na seguinte imaxe. Esperamos que desfrutedes moitos con estes grandes artistas:

 

 

 

    Sen máis, agradecer a estes cativos e a todos os mestres o seu traballo realizado.   

 

                FELIZ DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!!!!

    

 

 

CARREIRA SAN SILVESTRE 2019

    Este ano, dende o CEIP Plurilingüe A Cristina quixemos facer unha actividade solidaria para axudar nestas datas tan importantes a toda a xente que vive nunha circunstancia de precariedade e carece de recursos básicos.

    Por iso, pedimos que durante toda esta semana cada un de nós aportase o seu grao de arena e trouxese alimentos e produtos de hixiene. A participación foi realmente abraiante, estamos moi agradecidos con todas as familias que colaboraron para unha causa tan importante e, así dar dalgún xeito o noso cariño a toda esa xente que o precisa. Aquí vos deixamos unha mostra de todas as vosas aportacións que serán levadas a “Cáritas”, para participar con eles na súa campaña de Nadal que este ano leva por título: “TODOS TEMOS UN ANXO, ESPECIALMENTE NO NADAL”.

   Ademais desta recollida, no día de hoxe tivo lugar a nosa “Carreira solidaria”, na que cada curso facía un pequeno circuíto (con elementos do nadal a modo de decoración), simbolizando dalgún xeito a tradicional “CARREIRA DE SAN SILVESTRE” que se celebra o 31 de decembro en moitos lugares. Deixámosvos no seguinte vídeo unha mostra:

 

   Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!

     BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!!!

NADAL 2019

 

    Como ben sabedes, estamos achegándonos a unha das festividades máis agardadas polos nenos e nenas...é dicir, o NADAL, época de moita ilusión entre os nosos peques. Por iso, e dende o noso centro, temos preparadas para esta semana que comeza unha serie de actividades, entre as que destacamos:

  • Festival de Panxoliñas” en galego, no cal participa todo o alumnado coa axuda da mestra de música (Nerea).
  • Karaoke de Panxoliñas” na biblioteca durante os recreos. Podedes ver todas as seleccionadas no blog da biblioteca “O recuncho de Nuno”. Non te quedes sen participar!!!
  • Visita dos REIS MAGOS dende Oriente, o venres 20 de decembro. Para esta última actividade os alumnos levarán a súa carta, a cal fomos elaborando os días previos. Destacar que dende o EDLG elaboramos unha diferente para cada ciclo, deixámosvos unha mostra da que fixemos para o 2º ciclo:

    Ademais de todo o anterior, comentarvos que dende as aulas o alumnado está traballando unha figura característica desta época, que ademais é moi singular da nosa cultura galega, como é o “Apalpador”. Deixámosvos varios enlaces para poder divertirvos investigando e coñecendo máis sobre el:

 

 

 


 

 
 
 
 
OS MESTRES/AS DA CRISTINA DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS A TOD@S!!!!
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido