Actividades

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é o mes da ciencia en galego e este ano todo o alumnado do centro quixo unirse a esta iniciativa que, pensamos, foi todo un éxito.
Grandes e pequenos estivemos investigando, facendo hipóteses e realizando diversos experimentos que queremos compartir con todos vós.
Por iso, podedes visualizar vídeos dalgúns dos experimentos levados a cabo nas aulas nas últimas semanas visitando o blog da nosa biblioteca.
 
Deixámosvos unha fotografía da exposición dalgúns dos nosos experimentos.

CURANDEIROS E CURANDEIRAS: SOMBRA, MAL DE OLLO,...

    Este ano, para celebrar o Samaín, continuamos investigando sobre aspectos da nosa cultura galega, nesta ocasión centrándonos na figura dos "curandeiros e curandeiras", persoas importantes na nosa comunidade dende hai moitos anos e, que aínda hoxe en día podemos escoitar falar delas. 

    Para iso, os alumnos e alumnas do centro, foron vendo plantas que se empregaban para tratar certas enfermidades e tamén coñecendo rituais que facían para certas doenzas estas persoas.

 

    Velaquí vos deixamos unha mostra do seu traballo e como non, dalgunha demostración como CURANDEIROS E CURANDEIRAS.  

    Pinchade en cada unha das imaxes para poder ver os vídeos:

 

  • Educación Infantil:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • 1º Ciclo Educación Primaria:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • 2º Ciclo Educación Primaria:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • 3º Ciclo Educación Primaria:

CELEBRACIÓN SAMAÍN E MAGOSTO 2019!!!

Como cada ano celebramos xuntos o Samaín e Magosto.

Durante esta xornada estivemos acompañados de meigas, mortos, pantasmas, esqueletos e moitos máis seres do día máis terrorífico do ano….O SAMAÍN. Todos xuntos desfrutamos un montón desgustando castañas e facendo xogos populares con castañas no patio do colexio.

Pinchade no debuxo para ver o vídeo

 

 

   Aquí vos deixamos unha mostra dun día cargado de emocións!!!  Esperamos que vos guste!!E como non, agradecervos a tod@s a vosa colaboración na realización das “Vasoiras terroríficas” quedaron realmente xeniais!!!

Actividades do Samaín e Magosto

Queremos lembrarvos que non vos esquezades de pasar polo blog da nosa biblioteca: O recuncho de NUNO  para ver o vídeo sobre a celebración do día 30 de outubro e tamén para ver algunhas das actividades que se levaron a cabo nos días anteriores:

-As lecturas compartidas 

-A participación de nais de alumnado do centro que nos agasallaron cun conto aterradoramente...divertido.

Pinchade nas fotos para acceder ás entradas do blog.

Celebración Samaín e Magosto:

 

As lecturas compartidas:

 

Contaconto  aterradoramente...divertido.

 

ACTIVIDADES PARA SAMAÍN E MAGOSTO

Esta semana celebramos o Magosto e o Samaín. Para desfrutar destas festas xogando e aprendendo deixámosvos unhas actividades. Esperamos que vos gusten!!

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2019

 

Estamos xa no Outono, estación na cal esperamos con moitas ansias dúas festas moi destacadas na nosa cultura galega, como son o SAMAÍN e o MAGOSTO.

Deste xeito, e como non podía ser doutra forma, dende o noso colexio, CEIP Plurilingüe A Cristina, non faltaremos á súa celebración, a cal terá lugar o mércores 30 de outubro.

A continuación, e dende o EDLG deixámosvos os dípticos de ambas festividades, para achegarvos un pouco máis á nosa cultura galega.

Grazas de antemán a todos e todas por participar!!

Agardamos as vosas "VASOIRAS TERRORÍFICAS"!!! Guiño

 

BRINCADEIRAS 2019

 

ENREGUÉIFATE

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participaron na III edición do certamen de regueifas en vídeos organizado por ENREGUÉIFATE coa colaboración do concello de Santiago, o concello de Teo e o concello de Ames.

A continuación, nos arquivos adxuntos deixámosvos os vídeos cos que participaron (pinchade en cada arquivo adxunto para poder ver cada vídeo).

Animádesvos a regueifar con eles?

 

Antón Fraguas Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019

Aprezadas familias,

 

Este ano co motivo do Día das Letras Galegas, a homenaxe é para a figura do historiador e xeográfo Antón Fraguas Fraguas.

 

 fraguas.jpg

 

A continuación deixamos a vosa disposición unha serie de enlaces relacionados co protagonista.

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/37709/galicia-celebra-legado-protagonista-das-letras-2019-antonio-fraguas-fraguas-cunha

http://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0057/2019-antonio-fraguas-fraguas

 http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar/item/16502-dia-das-letra-galegas-antonio-fraguas

 

Nos próximos días publicaremos información sobre a celebración propiamente dita.

 

¡Moitas grazas!

LIBRE O MEU PENSAMENTO...24 de Febreiro "Día de Rosalía"

   Achegámonos ao 24 de Febreiro, día en que se conmemora a figura dunha das escritoras máis importantes da cultura galega....ROSALÍA DE CASTRO

 

   Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días sobre varias estrofas reivindicativas de dita escritora. Con elas Rosalía tentaba denunciar as distintas inxustizas socias vividas na sociedade. 

 

    Dende o EDLG deixámosvos algunhas mostras do traballo realizado por cada un dos ciclos, indicando ademais o verso que reflexa cada unha das inxustizas, que como poden ver, aparece reflexado nas chapas e nas diferentes pancartas.

   

   Antes diso premede no archivo adxunto para ver aos mais cativos/as recitando os seus versos, esperamos que vos guste:

 

 

   O que se engade a continuación, son as diferentes imaxes dos alumnos coas súas chapas e as pancartas:

 

  

Educación Infantil: "Cantares Gallegos"...Emigración

                 "¡Deixo a casa onde nacín...!

 

1º ciclo Educación Primaria

 

1º ciclo de Educación Primaria: "Cantares Gallegos"...Abuso Laboral, Emigración

                 "Trataide ben ós galegos"

 

 

2º ciclo de Educación Primaria: "Follas Novas"...Inxustiza social

                 "Tirá...que cando caiades,

                  hanvos de face-lo mesmo"

 

  

3º ciclo de Educación Primaria: "Follas novas"...Violencia de xénero

                 "Quedei deshonrada, mucháronme a vida"

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ... BAILANDO !!!

Dende o CEIP Plurilingüe A Cristina, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e que mellor maneira de facelo que cantando e bailando esta canción de Mamá Cabra titulada "Baile da Paz".

 

Facede clic na imaxe para desfrutar do noso traballo.

 

Esperamos que vos guste Sorriso

 

 

 

 

 

Moitas grazas a todos/as !!!

Carta aos "Reis Magos"

   Achegámonos a unha das datas máis esperadas por moitos nenos e nenas, "O NADAL", por iso non podemos marchar sen antes recibir aos REIS MAGOS no noso colexio. A visita será este venres 21 de decembro.

   Dende o EDLG elaborouse unha carta adaptada a cada un dos niveis para que nesta visita poidan entregar as súas petidicións ás súas maxestades.

   Deixámosvos a carta que cubriron os nosos alumn@s de Educación Infantil!

 


DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos inmersos no día internacional contra a violencia de xénero
Este ano quixemos celebrar a igualdade, a liberdade, a tolerancia, o amor, o respecto e a vida a través da música. A canción escollida para tal fin foi "se acabaron las lágrimas" de Huecco e Hanna.
Coa coordinación e traballo do equipo da biblioteca e a implicación de todo o centro elaborouse o seguinte vídeo.
 
Esperamos que vos guste.

OS NOSOS CONTOS DO SAMAÍN

   Tras coñecer cada un dos seres mitolóxicos galegos seleccionados para a celebración do Samaín, os alumnos e alumnas dos distintos cursos elaboraron o seu propio conto. Todos os contos foros expostos nos corredores do centro.

    A continuación deixámosvos uns vídeos nos que os nosos alumnos e alumnas relatan o seu conto elaborado xunto co resto de compañeiros e compañeiras.

 

Conto Samaín sobre o "Gatipedro"   --- Alumnos/as de Infantil

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

Conto Samaín sobre a "Tía Xuana"   --- Alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

 

Conto Samaín sobre a "A Bruxa dos dentes verdes"   --- Alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

Conto Samaín sobre a "Estadea"   --- Alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

LIM SAMAÍN 2018

   Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) elaborouse esta actividade LIM para profundar un pouco máis sobre os distintos seres mitolóxicos galegos que estivemos traballando estes días.

   Esperamos que disfrutedes moito.

   Feliz Samaín a todos e todas!!!

 

Distribuir contido