BENVIDOS AO CEIP PLURILINGÜE A CRISTINA

 

  

PDC. O CEIP A CRISTINA PROCLAMOUSE CAMPIÓN INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

 
O equipo benxamín masculino de campo a través formado por Hugo García, Nicolás Lema, Román Rama, Rodrigo Rama, Abel Antelo, Gael Romero, Adrián Bustelo e Nicolás Pose, proclamouse por segunda vez na historia do noso centro, campión Intercomarcal de campo a través da zona da Coruña.
 
A este campionato hai que unir a medalla de prata de Hugo García e o quinto posto de Tirso Ramos  nas categorías benxamín e alevín masculino.
 
Tamén hai que destacar  o 4º posto ( 2º posto dos centros educativos) do equipo alevín masculino.
 
O resto dos nosos/as atletas estiveron a un gran nivel, deixando todos/as unha boa imaxe.

Con estos resultados,  o noso centro estará presente por noveno ano consecutivo  no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o  venres 6  de Marzo en Carballo.
 
Máis información en: "Disfrutamos movéndonos"
 
 
 

PDC. CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 

O próximo sábado 18 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque dos Menhires(A Coruña) Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán trinta e catro  alumnos/as do noso centro.

Podes consultar toda a información en " Disfrutamos movéndonos".

CARREIRA SAN SILVESTRE 2019

    Este ano, dende o CEIP Plurilingüe A Cristina quixemos facer unha actividade solidaria para axudar nestas datas tan importantes a toda a xente que vive nunha circunstancia de precariedade e carece de recursos básicos.

    Por iso, pedimos que durante toda esta semana cada un de nós aportase o seu grao de arena e trouxese alimentos e produtos de hixiene. A participación foi realmente abraiante, estamos moi agradecidos con todas as familias que colaboraron para unha causa tan importante e, así dar dalgún xeito o noso cariño a toda esa xente que o precisa. Aquí vos deixamos unha mostra de todas as vosas aportacións que serán levadas a “Cáritas”, para participar con eles na súa campaña de Nadal que este ano leva por título: “TODOS TEMOS UN ANXO, ESPECIALMENTE NO NADAL”.

   Ademais desta recollida, no día de hoxe tivo lugar a nosa “Carreira solidaria”, na que cada curso facía un pequeno circuíto (con elementos do nadal a modo de decoración), simbolizando dalgún xeito a tradicional “CARREIRA DE SAN SILVESTRE” que se celebra o 31 de decembro en moitos lugares. Deixámosvos no seguinte vídeo unha mostra:

 

   Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!

     BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!!!

NADAL 2019

 

    Como ben sabedes, estamos achegándonos a unha das festividades máis agardadas polos nenos e nenas...é dicir, o NADAL, época de moita ilusión entre os nosos peques. Por iso, e dende o noso centro, temos preparadas para esta semana que comeza unha serie de actividades, entre as que destacamos:

  • Festival de Panxoliñas” en galego, no cal participa todo o alumnado coa axuda da mestra de música (Nerea).
  • Karaoke de Panxoliñas” na biblioteca durante os recreos. Podedes ver todas as seleccionadas no blog da biblioteca “O recuncho de Nuno”. Non te quedes sen participar!!!
  • Visita dos REIS MAGOS dende Oriente, o venres 20 de decembro. Para esta última actividade os alumnos levarán a súa carta, a cal fomos elaborando os días previos. Destacar que dende o EDLG elaboramos unha diferente para cada ciclo, deixámosvos unha mostra da que fixemos para o 2º ciclo:

    Ademais de todo o anterior, comentarvos que dende as aulas o alumnado está traballando unha figura característica desta época, que ademais é moi singular da nosa cultura galega, como é o “Apalpador”. Deixámosvos varios enlaces para poder divertirvos investigando e coñecendo máis sobre el:

 

 

 


 

 
 
 
 
OS MESTRES/AS DA CRISTINA DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS A TOD@S!!!!
 
 
 
 
 
 
 

RECÍCLATE CON SOGAMA

O mércores 11 de decembro o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria puideron participar no programa de educación ambiental ofertado por Sogama na biblioteca do centro que ten por lema “Corta polo san! Reduce residuos” onde recibiron consellos e recomendacións básicas para reducir a produción de lixo en orixe.

 
 
Aproveitamos para recordar que este curso o centro conta cun pequeno horto escolar e Sogama colaborou con nós dándonos un composteiro. Para aproveitalo durante os recreos debemos levar os restos orgánicos das nosas merendas ás papeleiras correspondentes nos patios, xa que logo son levados ao composteiro.
Deste xeito podemos obter un fertilizante de alta calidade para empregar no noso horto. Con isto temos a oportunidade de pechar o ciclo de recuperación e reciclaxe de residuos orgánicos.

CONTACONTO SOBRE A DISCRIMINACIÓN E OUTRAS FORMAS DE INTOLERANCIA

Hoxe o alumnado de 2º e 3º de educación primaria tiveron a sorte de asistir na biblioteca do cole a un contacontos que consistiu nunha actuación teatro-musical que invitou aos nenos e nenas a reflexionar sobre a discriminación e outras formas conexas de intolerancia, ofrecido pola Deputación de A Coruña e o concello da Coruña, da man da ONG Viraventos.
 
Este foi un contacontos que non pasou desapercibido, moi diferente aos que estamos acostumados e deixou en todos e todas nós uns sentimentos especiais: a empatía, o rexeitamento ás inxustizas e a necesidade de non xulgar sen coñecer.
 
Esta historia que nos contaron chegou ata nós como se a vivíramos en primeira persoa dado que moitas veces nós tamén xulgamos e somos xulgados sen ningún tipo de criterio e sen percatarnos do dano que podemos facerlle aos demais.
 
Unha vez máis caemos na conta de que non importa a nosa altura, as nosas características, a nosa cor de pelo ou de pel, o único que importa é o que hai dentro de nós e o que facemos polos demais.

 

" As diferenzas suman, se non o entendes restas!"


Moitas grazas a todos os membros da ONG Viraventos e á Deputación e ao concello da Coruña.

Compartimos con vós unha pequena mostra do acontecido así como dalgunhas imaxes do día  no blog da biblioteca do noso colexio.

 

DÍA DO REFERENDO

Un chuvioso 6 de decembro de 1978, vintecinco millóns de españois foron chamados ás urnas para ratificar co seu voto o proxecto de Constitución española.
Os cidadáns participaron masivamente no referendo e dende ese ano, todos os españois e españolas, celebramos esta importante data para a nosa sociedade cada 6 de decembro.

Ese día, ás nove da mañá constituíronse os máis de corenta mil colexios electorais nun día histórico. Por primeira vez, máis de dous millóns e medio de mozos e mozas exercerían o seu dereito ao voto. Ante as urnas, os cidadáns tiñan que responder cun si, non ou abstención á pregunta "Aproba o proxecto de Constitución?".


Hoxe, un frío pero soleado 4 de decembro para conmemorar o día da constitución española, as nosas alumnas e alumnos de 3º ciclo de educación primaria participaron no seu primeiro referendo e exerceron, por primeira vez, o seu dereito a voto coa pregunta:

Queredes que os venres teñades recreo libre polas distintas zonas??

Grazas a esta iniciativa das titoras de 5º e 6º de EP, o alumnado puido vivir en primeira persoa o significado do sufraxio, referendo, vocais,  mesa electoral, escrutinio... e agardamos que den boa conta do seu dereito cando chegue o seu momento. 

Aquí compartimos unha imaxe do evento e a acta do escrutiño. Para ver máis invitámosvos a que visitedes o blog da nosa biblioteca:

          

TODOS E TODAS DISTINTAS, TODOS E TODAS IGUAIS... pero... TODOS E TODAS IMPORTANTES, TODOS E TODAS ESPECIAIS.

Éste é o lema que levamos por bandeira no noso centro pola conmemoración do Día internacional das persoas con discapacidade.

Nas aulas de educación primaria tamén, dentro do noso proxecto de centro, os alumnos e alumnas realizaron unha investigación sobre distintos personaxes do mundo do deporte que seguro que nalgún momento tiveron que escoitar iso de "Tí non podes" e demostraron que con esforzo, traballo e constancia todos e todas podemos alcanzar os nosos soños.

Estos son os deportistas paralímpicos que investigaron e coñeceron:

Para ver con detalle a investigación, coñecer que actividades levaron a cabo o alumnado de educación infantil e as organizadas pola nosa bilioteca escolar, invitámosvos a visitar o seu blog.

PDC. CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada onte , e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que, trinta e catro nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través escolar,que se celebrará o  sábado 18 de Xaneiro do 2020 no circuito do parque dos Menhires( A Coruña).

 
Ás catro medallas colleitadas, e á clasificación de dez atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos, xa que, acadamos dous primeiros e dous segundos postos.
 
 
PODES CONSULTAR A RELACIÓN DE CLASIFICADOS/AS  NO BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CENTRO:                        " DISFRUTAMOS MOVÉNDONOS"
 
NORABOA A TODOS/AS!

 

PDC. O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PROGRAMA PDC - CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES 2019-2020

O noso centro foi admitido no programa PDC(Proxecto deportivo de centro)- Centros activos e saudables, englobado no Plan Proxecta.

 

O obxectivo deste programa é o de actuar  como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia. 

 

Buscamos que o 100%  dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no- lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade.

 

O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

 

PDC.BRILLANTE PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

 
 
Un ano máis,os nosos/as atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das" Eiroas".

O noso centro estivo representado por 94 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Tirso Ramos e Hugo García; a de plata de Guillermo Pastoriza e a de bronce de Nicolás Lema.

 

A todo isto, hai que añadir a clasificación individual de moitos nenos/as e  posiblemente  dalgún equipo, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o  sábado 18 de Xaneiro do 2020 no circuito do Parque dos Menhires( A Coruña).
 
Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!
 
Máis inforación en: " Disfrutamos movéndonos"

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é o mes da ciencia en galego e este ano todo o alumnado do centro quixo unirse a esta iniciativa que, pensamos, foi todo un éxito.
Grandes e pequenos estivemos investigando, facendo hipóteses e realizando diversos experimentos que queremos compartir con todos vós.
Por iso, podedes visualizar vídeos dalgúns dos experimentos levados a cabo nas aulas nas últimas semanas visitando o blog da nosa biblioteca.
 
Deixámosvos unha fotografía da exposición dalgúns dos nosos experimentos.

25-N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                                                     (Obsequio do Concello de Carballo para todo o alumnado do centro)

Dende o CEIP Plurilingüe A Cristina mostramos o noso rexeitamento unánime contra a violencia de xénero.

A continuación deixámosvos dous vídeos onde poderedes ver todas as actividades que levamos a cabo os días anteriores e o propio día 25 de novembro para, por unha parte, concienciar sobre a violencia de xénero e, por outra parte, mostrar o noso apoio ás vítimas de violencia de xénero.

Invitámosvos a visitar o blog da nosa biblioteca para coñecer máis en detalle as actividades que se realizaron (portas violetas, investigacións sobre as desigualdades entre homes e mulleres nos xogos olímpicos, lecturas por parte de familias do centro na biblioteca, coreografía, lectura do manifesto do alumnado de 6º EP,...).

 

 

PDC. FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2019

Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 94 atletas do noso centro,os que participarán o próximo venres 29 de novembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.
 
Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.
 
As probas desenvolveranse no circuito do campo de fútbol das Eiroas de Carballo.
 
Os horarios das probas serán  os seguintes:
 

10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.00:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

NOTICIA NA WEB DO CONCELLO

Distribuir contido