Actividades

SAMAÍN E MAGOSTO 2018

     Como ben sabedes atopámonos no outono, estación na cal se celebran dúas festas destacadas como son o Samaín e o Magosto. Polo tanto, dende o CEIP A Cristina, e continuando coa tradición de todos os anos celebraremos as mesmas o mércores 31 de outubro.

   A continuación, dende o EDLG deixámosvos os dípticos de ambas festividades, para achegarvos un pouco máis á nosa cultura galega.

     Grazas de anteman a todos e todas por participa!!
 
BRINCADEIRAS 2018

Este curso seguimos coas nosas BRINCADEIRAS para aprender xuntos cantarelas da nosa cultura. A temática escollida este ano é: "Os fenómenos atmosféricos".

Esperamos que vos gusten e aprendades moito... pero sobre todo que as recitedes.

VISITA DE LUPE BLANCO

Hoxe, neste día tan señalado que é o 8 de marzo, tivemos a sorte de recibir a visita de Lupe Blanco que compartiu con nós a súa sabedoría sobre a a arte de REGUEIFAR. 

Encantounos poder practicar con ela. Foi moi emocionante!!! Deixámosvos aqui unha foto do seu paso polo noso centro.

Hoxe veu Lupe Blanco

regueifar á Cristina

dende aquí dámoslle as grazas

e que volva moi axiña.

Lalala laralalalala ....

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celébrase o día da muller traballadiora e para conmemorar este día O Equipo TICs do noso centro eleborou estes LIMs. Agardamos que sexan do voso interese.

E recordade: TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO!!!!!!!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: ABRIDE A FIESTRA!

O día 24 de febreiro celébrase o nacemento de Rosalía de Castro e un ano máis no CEIP A Cristina seguimos a proposta do AELG para conmemorar este día tan especial e importante. O lema da proposta deste ano é #AbrideAFiestra.

Un extrato do manifesto que redactaron é:

"Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas..."

Seguindo a súa proposta elaboramos co alumnado de primaria uns caligramas coa figura de Rosalía de Castro e co seguinte poema (Follas Novas, Vaguedás, XVI):

Cando era tempo de inverno,
pensaba en onde estarías;
cando era tempo de sol,
pensaba en onde andarías.
¡Agora... tan sóio penso,
meu ben, si me olvidarías!

O alumnado de Educación Infantil repasou o poema e pintou a figura da autora.

Decoramos todas as fiestras do noso centro co resultado do noso traballo.

No seguinte vídeo poderedes ver o resultado, acompañado de Amancio Prado cantando a Rosalía de Castro.

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

NADAL 2017

O VINDEIRO 21 DE DECEMBRO RECIBIREMOS A VISITA DOS REIS MAGOS AO NOSO COLEXIO E DENDE O EDLG ELABORAMOS A SEGUINTE CARTA PARA QUE AS NENAS E NENOS DO NOSO CENTRO POIDAN ENTREGAR AS SÚAS PETICIÓNS ÁS SÚAS MAXESTADES.

SAMAÍN e MAGOSTO CON AURASMA

O día do Samaín os alumnos de 5º e 6º de primaria tiveron que contestar a unhas preguntas sobre o Samaín e o Magosto utilizando o programa de realidade aumentada Aurasma.

Aquí vos deixamos os vídeos das preguntas. Vós sabedes contestalas?

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

SERES MITOLÓXICOS GALEGOS 2018

A partir da descrción dos seres mitolóxicos deste ano cada alumno elaborou a súa propia representación. Todos os debuxos foron expostos nos corredores do centro.

Deixámosvos os vídeos onde o noso alumnado vos explica as características máis destacadas dos seres mitolóxicos deste ano.

A ESTADEA

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

A BRUXA DOS DENTES VERDES

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

A TÍA XUANA

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

AS MOURAS

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

SAMAÍN E MAGOSTO 2017

Un ano máis celebramos o Magosto e o Samaín no CEIP A Cristina.  Este ano as actividades xiran ao redor do noso proxecto anual "As mulleres contan". Compartimos tamén na nosa páxina web os dípticos que se elaboraron para estas celebracións.

BRINCADEIRAS 2017

Como cada curso, xa están aquí as nosas "Brincadeiras"  deste ano.

Esperamos que vos gusten e que xoguedes moito con elas!!!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Ao longo desta semana, os alumnos e alumnas do centro poderán investigar na biblioteca sobre mulleres que fixeron historia ao longo dos séculos e elaborar un mural  con todas as súas achegas.

Para saber aínda máis, deixámosvos unha actividades LIm elaborada por Belán Junquera sobre as mulleres na historia. 

E recordade que todos os días son 8 DE MARZO!!!!

Durante toda a semana, e de forma voluntaria, os nenos e nenas realizaron na biblioteca pequenas investigacións sobre mulleres importantes da historia.

Ensinámosvos o traballo realizado!

ROSALÍA DE CASTRO 2017

O 24 de febreiro celébrase o 180 aniversario do nacemento da nosa escritora tan querida Rosalía de Castro. No CEIP A Cristina, un ano máis decidimos seguir as actividades propostas pola  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O lema que porpuxeron foi:  #RosalíaTe e  pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra, cada alumna/o elaborou unha máscara de Rosalía de Castro.

Este curso traballamos en especial unha parte dun poema de Cantares Gallegos "Campanas de Bastabales". Desfrutamos moito converténdonos en Rosalía.

Deixámosvos cun vídeo que reflexa parte do noso traballo como homenaxe e un LIM (da rede) que nos achega información sobre Rosalía e a súa obra.

ENTROIDO 2017

No CEIP A Cristina estamos moi emocionados por celebrar un curso máis  o Entroido. Estes días estamos seguindo os mandatos do Meco e o venres 24, viremos disfrazados en relación ao noso proxecto anual "Emocionarte" e compartiremos festa,risas e manxares típicos destas datas.

Dende o EDLG queremos deixarvos uns recursos LIM (atopados na internet),para coñecer máis sobre o noso Entroido.

Pero antes compartimos con vós unhas cantigas propias destas datas:

 Escoitade a Cantiga,

nós queremos que o saibades,

¡a ver se vos enterades!,

todiños no Entroido estades.

Hei de inventar unha copla,

unha copla hei de inventare,

para saudar ó Entroido,

que xa nos vén visitare.

Día de Rosalía de Castro - 24 de febreiro

Estas semanas estivemos a traballar cunha compañeira nova: Rosalía de Castro. O próximo día 24 de febreiro é o seu día por iso, e aproveitando que se achega o entroido, desde Educación Artística e coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, interesámonos en saber máis dela. Pintamos a súa careta e estes foron os fabulosos resultados!!

Día de Rosalía

Distribuir contido