Actividades

ROSALÍA DE CASTRO

Entroido 2015

Xa está aquí o Entroido!!! 

Este ano dentro do noso proxecto de “Culturas do Mundo” iremos disfrazados de africanos, hindús, brasileiros e chinos. Ao longo deste 2º trimestre poderedes ver as nosas exposicións sobre o aprendido das distintas culturas.

Pero dende o Equipo de Dinamización de lingua galega tamén queremos deixarvos uns recursos LIM (biblioteca lim) para coñecer máis o ENTROIDO GALEGO. Esperamos que aprendades moito xogando.

Aproveitade moito estes días de troula e boa comida, xa que como di o refrán:

Adeus martes de Entroido,

adeus meu amiguiño,

ata o domingo de Pascua

non untarei máis o fociño!

 

Actividade lim para Educación Infantil e 1º ciclo de primaria

 

 

Actividade Lim para 2º e 3º ciclo de primaria

NADAL 2014

Este ano no noso proxecto de culturas do mundo quixemos coñecer que personaxes lévanlle os regalos aos demais nenos e nenas do mundo. Para axudarvos a coñecelos e saber máis sobre eles deixámosvos este lim. Espero que o pasedes moi ben xogando con el.

Desexámosvos unhas moi boas festas!!!! 

 

O APALPADOR E AS CASTAÑAS

 

Hoxe, día sete de novembro, foron os alumnos/as de QUINTO os que nos fixeron disfrutar dunha preciosa obra de teatro.

A súa interpretación foi xenial. Todos disfrutamos un montón.

NORABOA RAPAC@S

CANCIÓN DO SAMAÍN

canción do samaín

BICHOS E BRINCADEIRAS

Dende o Equipo de Dinamizacón da Lingua Galega e coa colaboración da Biblioteca elaboramos esta actividade LIM para dar a coñecer, recordar e aprender máis sobre a nosa cultura relacionada cos nomes de insectos e moluscos que nos rodean e as súas brincadeiras. 

 

MAGOSTO e SAMAÍN

Durante este mes de outubro  vamos celebrar o MAGOSTO e o SAMAÍN .

A continuación deixámosvos enlaces á actividades LIM atopadas na internet para que poidades aprender máis sobre estas festas divertíndovos.

 

                

 

         

 

 

 

 

Distribuir contido