Día das Letras Galegas

17 de maio, Día das Letras Galegas

Hoxe, 17 de maio, os galegos e galegas estamos de celebración,

como cada ano celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

   Despois dunha gran semana, na que fixemos varias actividades de exaltación da nosa lingua, así como de coñecemento máis profundo dun escritor destacado da nosa cultura, como é o caso de Carballo Calero, chegou o gran día.

    A pesares das circunstancias nas que nos atopamos, decidimos unirnos e todos xuntos (tanto mestres/as como o alumnado) realizar unha gran actividade para conmemorar esta festividade. Para iso, estivemos elixindo todos e todas cal era esa palabra galega que tanto nos gustaba para finalmente elaborar un gran vídeo de recollida de "palabras en galego", creando así a nosa "CADEA POLA LINGUA".

 

    Desexamos que desfrutedes un montón recordando palabras en galego que xa coñecedes e aprendendo outras novas.

 

    Pinchade na seguinte imaxe para poder ver o vídeo!!

 

    FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Seguimos ofrecéndovos gran variedade de recursos lúdicos para celebrar o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión son varias aplicacións interactivas para seguir coñecendo un pouco máis sobre o noso autor deste ano,Carvalho Calero.

Pinchade nas imaxes para poder acceder:

 

 

  

 

 

 

    Ao igual que os días anteriores, consultade tamén a o blog da biblioteca: "O recuncho de Nuno" que atoparedes máis recursos.

 

SEMANA LETRAS GALEGAS

Continuamos coa semana achegándovos nesta ocasión novos recursos lúdicos e outros descargables para que sigades aprendendo máis sobre a figura de CARVALHO CALERO. Agardamos que vos gusten e que sigades celebrando con nós esta festividade!!

 

Pinchade en cada unha das imaxes para poder acceder, ou no caso dos recursos descargables sobre os nomes que aparecen debaixo da imaxe.

 

- RECURSOS INTERACTIVOS

 

                   - FERROL

 

                   - ERGUEMOS O PANO

 

                   - QUEN VÉN Á ÓPERA?

 

                   - QUE AGOCHA ESTE NOME?

 

 

                   - POEMAS E IDIOMAS

 

                    MULLERES PINTORAS

 

                    AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 

                                     - LUGO

 

 

                   - O MAR

 

 

                   MAPAS

 

 

 

 

- RECURSOS DESCARGABLES

 

               - Letras para contar un país.

 

               - De vieiros a Scórpio.

 

                - O buscador de libros.

 

               - Unha lingua honoris causa.

 

               - Unha cultura, catro continentes.

 

               - Material para colorear.

 

               - Outros recursos: chapas, marcapáxinas....

 

 

   Recordade visitar tamén o blog da biblioteca: "O recuncho de Nuno" donde tamén atopareces recursos para celebrar a Semana das Letras Galegas.

 

 

 

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020

          Un ano máis atopámonos na semana máis significativa para todos os galegos e galegas, é dicir, a 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, data na que conmemoramos a nosa lingua galega, e como non, a unha figura literaria destacada, este ano Carballo Calero.

 

     Aínda que este ano sexa dun xeito diferente, dende as nosas casas, non queremos deixar de celebrar un data tan importante. Para iso, ao longo desta semana iremos publicando gran variedade de actividades interactivas e recursos, para que dalgún xeito poidades achegarvos e aprender máis sobre esta celebración, así como en concreto do seu autor.

 

   Para comezar, queremos deixarvos un conto de Carballo Calero “AS PITAS BAIXO A CHOIVA” que gravou para todos e todas Ana, nai de Adrián Bustelo de 2º de Educación Primaria.

 

 

Moitas grazas Ana pola vosa participación. Agardamos que desfrutedes co seu conto!!! Pinchade sobre a imaxe


    Ademais, se queredes ver un pouquiño máis sobre este conto, deixámosvos varios recursos facilitados polas COORDINADORAS DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE FERROLTERRA nos que atoparedes o conto en pdf, a música e unha pequena unidade didáctica para poder facer. Se vos animades pinchade AQUÍ.

 

 

    A continuación, achegámosvos o material que o SEMINARIO GALÁN pon a disposición dos centros e o alumnado. Pinchade en cada unha das imaxes para acceder ás actividades interactivas e a biografía. Aparecerán distribuídas por cursos, seleccionade a que vos corresponde!!!

 

-Biografía para o alumnado de Educación Infantil

 

 

 

 

 - Actividades interactivas alumnado 4º Educación Infantil

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado 5º Educación Infantil

 

 

- Actividades interactivas alumnado 6º Educación Infantil

 

 

 

 

 

 

- Biografía para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

 

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado de 1º de Educación Primaria

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado de 2º de Educación Primaria

 

 

 

 

 

 

- Biografía para o alumnado de 3º y 4º de Educación Primaria

 

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado de 3º de Educación Primaria

 

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado de 4º de Educación Primaria

 

 

 

 

 

- Biografía para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

 

 

 

 

 - Actividades interactivas alumnado de 5º de Educación Primaria

 

 

 

 

 

 - Actividades interactivas alumnado de 6º de Educación Primaria

 

 

 

 

III CARREIRA POLA LINGUA (LETRAS GALEGAS)

   Un ano máis quixemos celebrar o Día das Letras Galegas organizando a III Carreira pola Lingua, ao igual que estes dous anos anteriores. 

   Foi un día de gran emoción para todos e todas xa que dunha forma lúdica realizamos diferentes actividades relacionadas nesta ocasión coa figura de Antón Fraguas, persoa á cal se lle dedicou este ano as Letras Galegas.

   Nas diferentes actividades (organizadas de acordo co curso no que se atopaban) realizáronse carreiras co fin de obter as diferentes pezas para finalmente:

    - Facer un crebacabezas do autor homenaxeado, Antón Fraguas (no caso de Educación Infantil)

    - Completar o poema “O casamento da pulga” (1º ciclo de Educación Primaria)

    - Ordenar un texto “San Andrés de Teixido” (2º ciclo Educación Primaria)

- Finalmente, ordenar a biografía do xa citado autor (3º ciclo de Educación Primaria)

 

    Deixámosvos a continuación, aínda que un pouquiño tarde, un vídeo desta xornada festiva coa que tanto pequenos como maiores desfrutamos un montón. 

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

III CARREIRA POLA LINGUA DO CEIP A CRISTINA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "III Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.

 

 

 

ESTÁ NAS NOSAS MANS!!

   Continuando coa celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS o alumnado de 6º curso de Educación Primaria elaborou a súa propia canción, tomando como base o acompañamento instrumental da canción coñecida de Lola Indigo "Yo ya no quiero na".

    Dita canción puxéronlle como título "ESTÁ NAS NOSAS MANS", esperamos que vos guste:

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

     Animádevos a cantala con nós, deixámosvos o documento para que a poidades aprender nos archivos adxuntos.

LETRAS GALEGAS 2019

   Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano dedidado a ANTÓN FRAGUAS, fixemos varias actividades.

    Entre elas, indicar que realizamos algunhas das propostas como cada ano polo Seminario Galán, así como o caderno de actividades que fixo o CEIP Xesús San Luis Romero.

    Ademais, e como traballo colaborativo coas familias, todo o alumnado fixo investigacións sobre certos aspectos da nosa cultura galega (labor que tamén realizaba este autor), como son: refráns, adiviñas, aparellos de labranza, topónimos que están desaparecendo...

   Por outro lado, e colaborando co equipo de biblioteca escribimos a biografía de ANTÓN FRAGUAS empregando os pictogramas.

   De todo o traballo realizado fíxose unha exposición polos corredores do centro, actividade da cal puideron desfrutar tamén as familias.

   A continuación, e a modo de collage, poden ver unha mostra do traballo realizado:

 

 

   Continuando coa celebración deste festividade, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou no I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico. Neste caso empregando o traballo de investigación sobre os topónimos. Deixámosvos o vídeo:

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

PODCAST PARA CONMEMORAR A FIGURA DE ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

O  alumnado do noso centro coa axuda das súas familias realizaron un traballo de recollida de topónimos, adiviñas e refráns para homenaxear ao autor Antonio Fraguas Fraguas. Aquí vos deixamos uns podcats que reflexan unha parte do traballo realizado.
Moitas grazas pola vosa colaboración.


PODCAST ALUMNADO DE 6º EI

 

PODCAST ALUMNADO DE 4ºAEP

 

PODCAST ALUMNADO DE 6ºEP

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

fraguas.jpg

fraguas.jpg

II CARREIRA POLA LINGUA

 

Este curso quixemos volver a celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS organizando a nosa 2º Carreira pola Lingua. Ao igual que o ano pasado, foi unha xornada festiva na que celebramos o orgullo de ter un idioma propio O GALEGO.

Os distintos grupos formados polos nenos e nenas do colexio realizaron carreiras nas que debían recoller unha peza de cada vez para despois organizalas entre os membros do grupo. En Educación infantil tiñan que realizar un crebacabezas da autora homenaxeada Mª Victoria Moreno; en 1º, 2º, 3º e 4º debían organizar un texto  dos libros "Eu conto, ti cantas..." e " A festa no faiado"; e os alumnas e alumnos de 5º e 6º tiveron que organizar a biografía da autora.

Dende aquí queremos dar as grazas a todos os alumnos, alumnas, mestres e mestras que participaron con tanta ilusión na "Carreira pola lingua".

Compartimos con vós o vídeo desta xornada ben fermosa.  A música escollida este ano é "Queremos galego" do Obradoiro de músicasbarxas. Esta canción é un Proxecto do Departamento de música do IES As Barxas Moaña (Pontevedra).Aquí tedes o enlace ao vídeo orixinal da canción https://www.youtube.com/watch?v=m4164zp--04 .

Esperamos que vos guste.

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

 

Homenaxe a nosa lingua

Con motivo da Celebración das Letras Galegas, o alumnado do noso Centro preparou o recitado destes poemas de Manuel María, do seu libro "Os soños na Gaiola". 

Fixémolo con moita ilusión e amor cara a nosa lingua. Esperemos que vos guste.

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

 

LETRAS GALEGAS 2018

Durante este curso estivemos traballando sobre a autora homenaxeada deste ano: María Victoria Moreno Márquez. Salientamos dela o amor pola nosa lingua:             O GALEGO

Cada aula elaboraou un mural sobre as súas obras. Compartimos con vós o resultado. Aprendemos moito e encantounos facelo e esperamos que vos guste.

 

 

 

 

 

 

II CARREIRA POLA LINGUA DO CEIP A CRISTINA

Con motivo da Conmemoración do Día das Letras Galegas,   hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "II Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.

  

   

   

    

    

    

    

Distribuir contido