Actividades

COR CARNE

O mar ten moitos tonos de azul. E se non existe unha única cor carne? 

Esta pregunta é a que nos plantexamos despois da lectura do libro "Color Carne" de Desirée Bela-Lobedde. A autora propón unha entrañable historia que nos fai reflexionar sobre os mil e un tonos de pel e sobre a importancia de ser tolerantes e celebrar que tod@s somos igualmente diferentes.

"Color carne" será o punto dende o cal estruturaremos as actividades a desenvolver para conmemorar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia o vindeiro 30 de xaneiro.

Para ir quentando motores, a coordinadora do EDLG propón un genially titulado "Cor de Pel". Pinchade AQUÍ ou na imaxe para comezar!!


FINALISTAS DO CERTAME "CONTOS DE NADAL"

No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos de noraboa!! As nosas alumnas de 3º nivel de educación primaria, Valeria Martínez González e Mara García Suárez, resultaron condecoradas no certame "Contos de Nadal" coas historias que levaban por título "Que listas son as avoas" e "Na Costa da Morte os desexos cúmprense", respectivamente.

O acto de entrega de premios celebrarase na Casa da Cultura de Cee o sábado día 17 ás 12:00 h. 

Pinchade AQUÍ para ver a nova online na páxina da Voz de Galicia.

Noraboa a estas campionas! Sentímonos moi orgullosas delas! Bravo!!

Descargade os arquivos en audio para escoitar as súas historias!

 

 

 

OBRADOIRO DE ENREGUÉIFATE COS PEQUENOS/AS DE INFANTIL

Que obradoiro tan especial tiveron o Josinho e a Lorena cos pequerrechos e pequerrechas de 4º de Educación Infantil!! Están feitos todos uns regueifeiros e regueifeiras!! Noraboa campións!!

Pinchade aquí para acceder ao enlace de Enreguéifate en Instagram

ENREGUÉIFATE

Os/as nenos/as de 3º de primaria botan a lingua a pacer co Enreguéifate!! No día de hoxe participaron nun obradoiro coa axuda do Rabelo e Nuria. Xuntos compuxeron uns versos seguindo un mesmo cantar:

Cando eu estaba xogando

pinchóuseme a pelota.

Logo eu fun ver o río

e despois eu fun á horta

e despois eu fun á horta.

Manchóuseme o pantalón

e despois mirei ao ceo.

E vin pasar un avión

e vin pasar un avión.

Había fume na cociña

e eu fun ao galiñeiro.

E mirei unha galiña...

 

 

Masterchef na Cristina

Os/as chefs de quinto e sexto prepararon unhas deliciosas galletas de chocolate. Que pintaza!

Samaín saudable

Botádelle un ollo á receita que van preparar os nosos chefs de quinto e sexto de primaria o vindeiro luns. Para chuparse os dedos!

Saída a Biblioteca Rego da Balsa

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria foi convidado á Biblioteca Rego da Balsa de Carballo para escoitar as historias de Lilí Gruyére.

 

Os nenos e nenas pasaron un tempo moi entretido escoitando as historias de Lilí, procedente de Lonxedetodo, que cantou co seu Coelliño Branco, fixo pasatempos e ensinounos 3 contos moi especiais. 

 

Moitas grazas pola invitación! Foi un pracer!  Lilí, esperámoste de novo! 

   

Natillas Frankestein

Preparados/as para a noite máis terrorífica do ano? Os/as alumnos/as de 4º son uns pequenos chefs e prepararon unhas natillas monstruosas: as natillas Frankenstein!!

 

 

Dedos de bruxa

Animádevos a preparar estes divertidos e terroríficos dedos de bruxa para a noite de Samaín. Ao alumnado de 3º de primaria quedáronlles deliciosos!

SAMAÍN SAUDABLE

O vindeiro luns día 17 o alumnado de terceiro e cuarto seguirá sumando receitas. Ollade o que van preparar!

NOVAS RECEITAS DE SAMAÍN SAUDABLE

O alumnado de primeiro elaborou unhas arañas de avena e coco, mentres que os/as cociñeiros/as de segundo empregaron o micro para facer un mug cake de plátano e chocolate. Uuuuummmm! Delicioso!!

Chuches terroríficas sen azucre

 

Noraboa ao alumnado de 5º nivel de educación infantil por esta receita tan saborosa!!

SAMAÍN E MAGOSTO

Ola a todos e todas! Como xa sabedes o 28 de outubro celebrarase no noso centro a festividade de Samaín e de Magosto, por fin sen restricións pola COVID 19! 

 

Este ano realizaremos a merenda de castañas asadas e xogos tradicionais relacionados ca temática das castañas. 

 

Dende o EDLG elaborouse un tríptico con información relativa ó magosto e a información nutricional das castañas, para a promoción de estilos saudables de vida, xa que garda especial relación co proxecto de centro titulado “MEDRANDO EN SAÚDE”. Ademais, celebraranse durante todo o mes diferentes talleres sobre merendas terroríficas e saudables da man de “Atelier Arabela”.  

 

Por último, pero non menos importante, para a decoración do centro solicitamos colaboración entre as familias para elaborar máscaras terroríficas na casa.

 

Acordádevos que o día 28 de outubro podedes asistir ao centro vestidos ca vosa roupa máis terrorífica. 

 

Un saúdo!

 

Tríptico Magosto EDLG


Leer más publicaciones en Calaméo

Samaín saudable

Botállede unha ollada ao que van preparar os/as cociñeiros/as de 1º e 2º de primaria este luns. Riquísimo!!!

Obradoiros de Samaín Saudable.

Este luns deron comezo os obradoiros de "Samaín Saudable". Os/as cociñeiros/as foron os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil que elaboraron unhas deliciosas piruletas terroríficas que, ademais de sans, conforman un dos doces apropiados para esta época.

Distribuir contido