21 de marzo DÍA DA POESIA

Hoxe día 21 de marzo é o día da poesía. Dende as diferentes aulas estiveron traballando sobre este fantástico xénero literario.

Todas e todos desfrutaron moito e ata o alumnado dalgunhas aulas animáronse a elaborar as súas propias poesías relacionadas co noso proxecto anual: "A volta ao mundo con Nuno" (medios de transporte e países que visitamos, así como a morriña de estar lonxe da súa terra).  Estamos moi orgullosos do resultado e queremos compartilo con todos vós. Nas seguintes imaxes, se escaneades o código QR levaravos ao recitado dos distintos poemas.

Esta actividade tráenos moitos recordos, xa que o ano pasado nesta actividade participamos todos e todas dende as nosas casas. Afortunadamente este curso podemos levala a cabo xuntos dende a escola.

AdxuntoTamaño
4EI Lúa.mp3451.22 KB
5ºEI poesía Medrou.mp3221.88 KB
6º EI Como se debuxa unha señora.mp414.28 MB
1 EP O barco de papel.mp3419.81 KB
2ºEP O autobús.mp3775.57 KB
3ºEP O meu barco de xoguete.mp3677.25 KB
4ºEP Brasil.mp31.17 MB
5ºA Cleopatra.mp3185.04 KB
5ºB Exipto.mp3342.44 KB
6ºEP Airiños airiños aire.mp31.63 MB