PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Informámosvos de que dende hoxe están publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar as LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

Os solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación Fondolibros empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

Poderán presentarse reclamacións nos dous días seguintes á publicación desta listaxe provisional: Dende o venres 3 ata o luns 6 de xullo (ambos os dous incluídos).

 

As listaxes definitivas serán publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro o martes 7 de xullo.

 

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020 - 2021

A listaxe DEFINITIVA  do alumnado admitido EN 4º de Educación Infantil está exposta no taboleiro de centro.

Os/as alumnos/as admitidos deberán formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo. De non facelo implicará a perda da praza.

O horario de secretaría para realizar esta xestión será de 9:00h a 10:00h.

Para formalizar a matrícula deberán presentar a seguinte documentación:

· Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado (ANEXO III-1) e fotocopia. Este impreso pódese descargar nos arquivos adxuntos ou recoller no centro.

·Enquisa sociolingüística cuberta. Este impreso pódese descargar nos arquivos adxuntos ou recoller no centro.

·Fotocopia da tarxeta sanitaria. (orixinal e copia)

·Fotocopia do calendario de vacinación. (orixinal e copia)

·Dúas fotografías tamaño carné.

·Informe médico no caso de enfermidades ou alerxias que se deban coñecer.

·No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial. (orixinal e copia)

 

MOI FELICES VACACIÓNS!!!!

Hoxe remata o curso 2019-2020. Non foi o curso que tiñamos soñado polas circunstancias que nos tocaron vivir pero non queríamos que finalizara sen despedirnos de todos vós.

Comezan as vacacións e poderedes descansar e desfrutar do tempo libre que o tedes moi merecidísimo!!!!!

Marchamos pero cun soño no corazón que é poder volver a encontrarnos de novo todas e todos con saúde en setembro!!!!

Pinchade na imaxe para poder ver o vídeo da mensaxe que temos para vós.

 

 

REVISTA ESCOLAR 2019/2020

Como cada fin de curso, aínda que este fose dun xeito diferente, non queremos irnos sen antes deixarvos un pouquiño do traballo realizado por todos os alumnos

alumnas do CEIP Plurilingüe A Cristina.

 

Así, a través da "REVISTA AS BRAÑAS 2019/2020" poderedes ver algunhas das actividades que se realizaron nos diferentes cursos. Creemos

importanteindicar, que pese a toda a situación derivada do Covid-19, conseguimos recoller grandes momentos vividos ao longo do curso (algúns dos cales a través

de actividades realizadas durante o confinamento), onde cada neno e nena puxo o seu gran de area para dar como resultado unha gran revista escolar para

compartir con todos vós.

 

Sen máis, agradecervos o voso esforzo e traballo durante todo este curso e máis durante estes últimos meses.

 

Na seguinte imaxe podedes acceder á revista. Desexamos que vos guste e que desfrutedes moito recordando cada un dos momentos vividos.

 

 

NA CRISTINA SALVAMOS O PLANETA...E TI?

   O día 5 de xuño, celébrase o día do medio ambiente e dende o cole A Cristina propuxémonos salvar o medio ambiente e o noso planeta terra porque crecemos e vivimos nel. Non só basta con amala e respetala senón que a temos que coidar e poñernos mans a obra pero....como podemos axudar ao noso planeta terra e polo tanto ao medio ambiente? Pois seguindo estes simples pasos:

Aforrando enerxía, actuaremos como detectives nos nosos fogares e apagaremos as luces cando non as usemos.

 

Aforrando auga, pechando billas senón as usamos, podemos empregar a ducha en vez da bañeira.

 

- Ir ao cole camiñando, ou en bicicleta mantendo as distancias de seguridade, en vez de empregar o coche.

 

- Reciclar o lixo e sobre todo ter en conta antes de tirar a roupa, libros, xoguetes, pensemos en darlles outra oportunidade.

 

- Plantar plantas no horto, xardín ou no teu fogar debido a que gracias a elas podemos respirar xa que nos aportan osíxeno.

 

- Reutilizar a auga da chuvia para regar o horto e as plantas.

 

- Apagar os nosos aparatos se non os estamos utilizando.

 

- Empregar materiais de refugallo para crear novos xoguetes ou manualidades.

 

      Como podedes observar os profes da Cristina aportan o seu gran de area para salvar ao planeta terra, reciclando o lixo dos seus fogares, aquí tedes unha mostra das súa práctica diaria:

  

 

  No blog da biblioteca: O Recuncho de Nuno, atoparedes unha serie de recursos e actividades interactivas que explican a importancia do coidado do medio ambiente, así como as medidas que podemos empregar dende os nosos fogares para salvar o noso planeta terra e contribuír a unha mellora no medio ambiente.

 

ÁNIMO QUE XUNTOS PODEMOS!!!!!! Risa

 

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2020/21 en 4º de EDUCACIÓN INFANTIL

ANUNCIAMOS QUE XA ESTÁ DISPOÑIBLE PARA A SÚA CONSULTA A LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E  NON ADMITIDO PARA 4º DE EDUCAIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2020-2021.

Poderedes consultala presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar ou  accedendo á aplicación admisionalumnado empregando a chave 365.

Poderanse formular reclamacións contra esta listaxe provisional no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao día da súa publicación: dende o 29 de maio ata o 2 de xuño (ambos incluídos).

 

PUBLICACIÓN ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DO CURSO 2019-2020

 

 

 QUEREMOS COMUNICARVOS QUE ESTÁN PUBLICADAS E A VOSA DISPOSICIÓN AS ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DO CURSO 2019-2020 DAS DISTINTAS MATERIAS DOS DIFERENTES CURSOS, TAL E COMO SE ESTABLECE NAS INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020.

       Para acceder a elas podedes pinchar nos enlaces que aparecen no bloque da esquerda desta páxina web.

 

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ALEGADA NA SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o vindeiro curso 2020-2021, informamos de que o número de solicitudes presentadas para 4º de educación infantil (3 anos) é superior ao de prazas ofertadas.

 

- Polo que se abre un prazo dende o mércores 20 de maio ata o martes 26 de maio para a presentación por parte das familias  da documentación acreditativa en función dos criterios que foron alegados en dita solicitude.Só se poderán xustificar os datos alegados na solicitude para realizar a baremación.

- A falta de presentación da documentación en tempo para acreditar o criterio ou criterios alegados impedirá valoralos. Deberase presentar a documentación orixinal e unha copia.

ACREDITACIÓN DO DOMICILIO FAMILIAR NA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO OU NA ÁREA LIMÍTROFE

Certificado do padrón municipal expedido no ano actual (antigüidade no padrón mínima dun ano)

Se non coincidise o domicilio familiar co fiscal, deberá presentar a documentación complementaria seguinte:

• Copia autenticada do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar.

• Contrato de alta de recibos actualizados de subministracións (auga, luz, gas) a nome da persoa solicitante na vivenda declarada como domicilio familiar

ACREDITACIÓN DO LUGAR DE TRABALLO DA NAI, PAI OU TITOR/A LEGAL NA ÁREA DE INFLUENCIA OU NA ÁREA LIMÍTROFE

• Para traballadores/as por conta allea: Documento expedido para o efecto pola persoa ou entidade para a que traballa, xunto cunha copia do contrato de traballo.

• Para traballadores/as por conta propia: Alta no censo inicial ante a Axencia Estatal Tributaria, con todas as modificacións posteriores e as altas na Tesouraría Xeral no Réxime de Seguridade Social.

• Para persoal ao servizo das administracións públicas: Certificado da Xefatura de Persoal correspondente.

ACREDITACIÓN DA RENDA ANUAL DA UNIDADE FAMILIAR

• No caso en que a Axencia Estatal de Administración Tributaria non dispoña dos datos tributarios das persoas integrantes da unidade familiar, estas deberán achegar unha certificación de haberes, ou calquera outro documento de cada unha delas que permita aplicar o baremo.

 

A documentación entregarase no centro no seguinte horario:

LUNS: 9:00 - 10:00 horas

MARTES: 9:00 - 10:00 horas

MÉRCORES: 9:00- 10:00 horas

XOVES: 9:00- 10:00 horas

VENRES: 9:00- 10:00 horas

 

AS LISTAS PROVISIONAIS PUBLICARANSE(admitidos e non admitidos) ANTES DO 9 DE XUÑO NO TABOLEIRO SITUADO NO INTERIOR DO CENTRO. Tamén se poderá ter acceso a esta información na aplicación admisiónalumnado se dispoñen da chave 365 ou de certificado dixital xunto co código da solicitude presentada .

17 de maio, Día das Letras Galegas

Hoxe, 17 de maio, os galegos e galegas estamos de celebración,

como cada ano celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

   Despois dunha gran semana, na que fixemos varias actividades de exaltación da nosa lingua, así como de coñecemento máis profundo dun escritor destacado da nosa cultura, como é o caso de Carballo Calero, chegou o gran día.

    A pesares das circunstancias nas que nos atopamos, decidimos unirnos e todos xuntos (tanto mestres/as como o alumnado) realizar unha gran actividade para conmemorar esta festividade. Para iso, estivemos elixindo todos e todas cal era esa palabra galega que tanto nos gustaba para finalmente elaborar un gran vídeo de recollida de "palabras en galego", creando así a nosa "CADEA POLA LINGUA".

 

    Desexamos que desfrutedes un montón recordando palabras en galego que xa coñecedes e aprendendo outras novas.

 

    Pinchade na seguinte imaxe para poder ver o vídeo!!

 

    FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

 

Vídeo Letras Galegas 2020

Aproveitando que hoxe é o Día da familia e o domingo o Día das Letras Galegas, deixámosvos un vídeo elaborado pola "familia do Cole". É un  popurrí de música tradicional galega que seguro que coñecedes. Non somos grandes artistas pero fixémolo con moito cariño para todas e todos.

 

 Ademais, como cada ano o 17 de maio é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, unha data de gran importancia para os galegos e galegas, na que resaltamos con gran entusiasmo a nosa lingua galega.

 

Moitísimas grazas á profe Adriana pola edición e montaxe do vídeo!!!

Esperemos que vos gusteRisa

 

FELIZ DÍA!!!!

 

 

 

SEMANA LETRAS GALEGAS

    Da man da editorial Bolanda, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política, poñen á disposición de todos e todas no Portal da Lingua Galega un novo volume da colección "As miñas primeiras Letras Galegas" dedicado en especial este ano como ben sabedes a Ricardo Carvalho Calero. Recurso ao que tamén tendes acceso no blog da biblioteca o "Recuncho de Nuno".

 

   Pincha na imaxe e accederás ao conto:

 

 

 

      Ademais, como cada ano, con anterioridade á conmemoración o 17 de maio, novamente  a Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. 

    Deixámosvos para que os poidades ver pinchando na seguinte imaxe:

 

 

 

  Ademais, deixámosvos un xogo que elaborou a profe Adriana para ver canto aprendemos esta semana sobre o autor Carvalho Calero. Anímaste a participar?

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Seguimos ofrecéndovos gran variedade de recursos lúdicos para celebrar o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión son varias aplicacións interactivas para seguir coñecendo un pouco máis sobre o noso autor deste ano,Carvalho Calero.

Pinchade nas imaxes para poder acceder:

 

 

  

 

 

 

    Ao igual que os días anteriores, consultade tamén a o blog da biblioteca: "O recuncho de Nuno" que atoparedes máis recursos.

 

SEMANA LETRAS GALEGAS

Continuamos coa semana achegándovos nesta ocasión novos recursos lúdicos e outros descargables para que sigades aprendendo máis sobre a figura de CARVALHO CALERO. Agardamos que vos gusten e que sigades celebrando con nós esta festividade!!

 

Pinchade en cada unha das imaxes para poder acceder, ou no caso dos recursos descargables sobre os nomes que aparecen debaixo da imaxe.

 

- RECURSOS INTERACTIVOS

 

                   - FERROL

 

                   - ERGUEMOS O PANO

 

                   - QUEN VÉN Á ÓPERA?

 

                   - QUE AGOCHA ESTE NOME?

 

 

                   - POEMAS E IDIOMAS

 

                    MULLERES PINTORAS

 

                    AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 

                                     - LUGO

 

 

                   - O MAR

 

 

                   MAPAS

 

 

 

 

- RECURSOS DESCARGABLES

 

               - Letras para contar un país.

 

               - De vieiros a Scórpio.

 

                - O buscador de libros.

 

               - Unha lingua honoris causa.

 

               - Unha cultura, catro continentes.

 

               - Material para colorear.

 

               - Outros recursos: chapas, marcapáxinas....

 

 

   Recordade visitar tamén o blog da biblioteca: "O recuncho de Nuno" donde tamén atopareces recursos para celebrar a Semana das Letras Galegas.

 

 

 

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020

          Un ano máis atopámonos na semana máis significativa para todos os galegos e galegas, é dicir, a 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, data na que conmemoramos a nosa lingua galega, e como non, a unha figura literaria destacada, este ano Carballo Calero.

 

     Aínda que este ano sexa dun xeito diferente, dende as nosas casas, non queremos deixar de celebrar un data tan importante. Para iso, ao longo desta semana iremos publicando gran variedade de actividades interactivas e recursos, para que dalgún xeito poidades achegarvos e aprender máis sobre esta celebración, así como en concreto do seu autor.

 

   Para comezar, queremos deixarvos un conto de Carballo Calero “AS PITAS BAIXO A CHOIVA” que gravou para todos e todas Ana, nai de Adrián Bustelo de 2º de Educación Primaria.

 

 

Moitas grazas Ana pola vosa participación. Agardamos que desfrutedes co seu conto!!! Pinchade sobre a imaxe


    Ademais, se queredes ver un pouquiño máis sobre este conto, deixámosvos varios recursos facilitados polas COORDINADORAS DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE FERROLTERRA nos que atoparedes o conto en pdf, a música e unha pequena unidade didáctica para poder facer. Se vos animades pinchade AQUÍ.

 

 

    A continuación, achegámosvos o material que o SEMINARIO GALÁN pon a disposición dos centros e o alumnado. Pinchade en cada unha das imaxes para acceder ás actividades interactivas e a biografía. Aparecerán distribuídas por cursos, seleccionade a que vos corresponde!!!

 

-Biografía para o alumnado de Educación Infantil

 

 

 

 

 - Actividades interactivas alumnado 4º Educación Infantil

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado 5º Educación Infantil

 

 

- Actividades interactivas alumnado 6º Educación Infantil

 

 

 

 

 

 

- Biografía para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

 

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado de 1º de Educación Primaria

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado de 2º de Educación Primaria

 

 

 

 

 

 

- Biografía para o alumnado de 3º y 4º de Educación Primaria

 

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado de 3º de Educación Primaria

 

 

 

 

- Actividades interactivas alumnado de 4º de Educación Primaria

 

 

 

 

 

- Biografía para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

 

 

 

 

 - Actividades interactivas alumnado de 5º de Educación Primaria

 

 

 

 

 

 - Actividades interactivas alumnado de 6º de Educación Primaria

 

 

 

 

RESTABLECEMENTO DO PRAZO PARA PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

Queremos informarvos de que se restablece o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2020-2021.

Tal e como se establece na Resolución do 5 de maio, poderanse presentar solicitudes de admisión dende o luns 11 de maio ata o luns 18 de maio.

O horario de secretaría dende o luns 11 ata o 18 de maio será de:

09:00 a 10:00 da mañá.

Lembrámosvos que tamén se pode seguir realizando telematicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:

 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

      

 

Para garantir a recepción das solicitudes (fóra do horario mencionando anteriormente) ou a atención ao público no horario habitual do centro poderase solicitar cita previa no número de teléfono do centro:

881 880 400.

 

 Para recordar que documentación se debe achegar para presentar as solicitudes de admisión podedes pinchar aquí.

 

A Resolución establece os seguintes novos prazos para o procedemente de admisión:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020. (Cando o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas.)

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

Podedes acceder a toda a información sobre o procedemento no arquivo adxunto ao final desta entrada.

Distribuir contido