|
O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia con dous obxectivos:
- Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.
- Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.