Incidencias na aula

Incidencias na aula

No despregable Accións seleccionar Incidencias na aula.

Unha vez se abre este apartado, aparece a lista do alumnado e ao carón das persoas responsables do/a alumno/a indica se están suscritas na aplicación móbil e na web (para coñecer se van poder recibir e ler as incidencias creadas).

Neste intre permite Ver incidencias creadas e tamén da a opción a Crear incidencia. Esta está ao carón do alumno/a ao/á que se lle quere enviar a incidencia. 

Crear incidencia
Despois de premer en Crear incidencia hai que completar os campos de Incidencia (coma se fose o asunto dun correo electrónico) e as Observacións pertinentes. Unha vez descrita a incidencia poderase seleccionar ás persoas que se lle quere enviar a incidencia. Finalmente premer en Gardar para efectuar o envío.
Crear incidencia
Ao rematar poderase acceder ao apartado Ver incidencias creadas para revisar as incidencias creadas e ver se foron lidas ou non polas persoas responsables do alumnado.

Última modificación: Martes, 8 de Novembro de 2022, 18:05