Avisos a colectivos

Avisos a colectivos

Neste apartado poderase:

  • Avisos a colectivos: permite crear, modificar e eliminar aquelas notificacións que se desexe realizar ao colectivos de responsables e/ou profesorado pertencentes ao centro.
  • Avisos a grupos: permite crear, modificar e eliminar notificacións que se desexe realizar ao colectivos de responsables e titores/as de grupos do centro.
  • Incidencias: permite crear e modificar incidencias de alumnado do centro.

Desde esta ventá poderase seleccionar un tipo de aviso (do centro, do centro aos profesores/as ou do centros aos responsables) e buscar aqueles avisos xerados. Tamén se poderá Crear aviso para xerar un novo.

Crear aviso

Ao premer en Crear aviso haberá que definir:

  • Seleccionar destinatario: a quen se quere enviar o aviso.
  • Data inicio validez: cando comeza o aviso
  • Data fin validez: cando remata a validez do aviso.
  • Aviso: de que trata o aviso. Coma un asunto nun correo electrónico.
  • Observacións: descrición do aviso.

Ao rematar premer en Gardar para que o sistema envíe automaticamente o aviso aos colectivo seleccionado.

Se na ventá inicial prememos en Buscar poderanse ver os avisos creados e a persoa que o creou.


Última modificación: Xoves, 10 de Novembro de 2022, 07:18