Acceso con certificado dixital

Acceso con certificado

Se a opción escollida é co certificado dixital, o espazoFamilias solicita a identificación da persoa usuaria. No caso de ter instalado máis dun certificado dixital debe seleccionar o que corresponda coa persoa identificada no sistema.
O Certificado dixital FNMT de Persoa Física é a certificación electrónica expedida pola FNMT-RCM que vincula ao seu subscritor cuns datos de verificación de firma e confirma a súa identidade.
Para obter o certificado se se trata dunha persoa física, é imprescindible contar cun ordenador que teña acceso a Internet, acceder á páxina www.ceres.fnmt.es e:

  • Solicitar o certificado.
  • Acreditar a identidade mediante personación física nunha oficina de rexistro.
  • Descargar o certificado dende Internet no seu ordenador.
Última modificación: Venres, 28 de Outubro de 2022, 13:56