O proxecto Abalar

Proxecto Abalar é un compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa cidadanía galega, no ámbito da integración das TIC na práctica educativa, cuxo obxectivo principal é o de transformar os centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais para:

  • Acadar a plena alfabetización das TIC entre os profesores/as e alumnos/as galegos.
  • Modernizar o sistema educativo galego.
  • Mellorar a calidade da ensinanza en Galicia.
  • Reducir o fracaso escolar.

O Proxecto Abalar, ademais de garantir a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC en todos os centros educativos coa entrega de ultraportátiles aos alumnos/as e a dotación de aulas dixitais por medio do portátil para o profesor/a, o encerado dixital interactivo e o proxector, os armarios de carga dos ultraportátiles e as redes Wifi, tamén se encargará de fomentar a cultura dixital por medio da formación aos docentes e ás familias, dotar ao profesorado e ao resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais e facer que o proxecto teña presenza na Web por medio do espazoAbalar.

Dado que Abalar é unha iniciativa viva, desde o curso 2014/2015, ofrece unha educación completamente dixital para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º a 4 de Educación Secundaria Obrigatoria, grazas á iniciativa de educación dixital E-Dixgal.

espazoAbalar logo



Última modificación: Luns, 24 de Outubro de 2022, 13:55