Mensaxería


Desde o apartado Accións > Mensaxería poderanse enviar mensaxes ás persoas responsables do alumnado.

No caso de acceder por primeira vez a este servizo (nin empregar esta funcionalidade na app abalarPro) non se verá ningunha mensaxe e só se terá accesible a opción Crear Mensaxe. No caso de ter empregado este servizo, poderase acceder á lista de mensaxes creadas e ver o detalle das mesmas, así como as posibles respostas no caso de habelas e ter habilitada esa opción para as persoas responsables do alumnado.

Crear mensaxe

Ao acceder ao apartado Crear Mensaxe débese especificar:

  • Tema da mensaxe que queremos enviar (coma o asunto dun correo electrónico).
  • Decidir se se vai admitir ou non resposta.
  • Seleccionamos o Tipo de mensaxe:
  1. Crear mensaxe privada por persoas dun grupo: crearase unha mensaxe privadas a/o alumno/a que se elixa. Poderanse seleccionar máis dun alumno/a.
  2. Crear mensaxe non privada por grupos completos: enviarase unha mensaxe a todo o alumnado do grupo que se seleccione e as posibles respostas só serán vistas polo profesor/a.
  3. Sala: enviarase unha mensaxe a todos os grupos que se elixa e as posibles respostas serán compartidas co grupo.


Novidade

Aprecebemento

No caso dos centros onde se imparten ensinanzas de ciclos formativos existe a posibilidade de notificar ademais algunha perda do dereito. Para isto débese de:

  1. Seleccionar Crear mensaxe privada por persoas dun grupo.
  2. Seleccionar o grupo.
  3. Premer en Si no apartado Notificación de perda do dereito. Ao premer si poderase seleccionar no despregable entre as opción de:
        • Apercibimento perda do dereito da avaliación continua.
        • Comunicación perda do dereito da avaliación continua.
        • Apercibimento baixa de oficio da matrícula.
        • Comunicación baixa de oficio da matrícula.

Última modificación: Martes, 8 de Novembro de 2022, 19:44