Avisos a grupos

Avisos a grupos

A través de Accións > Avisos a grupos,  poderase crear un aviso que será enviado a todo o grupo de alumnos/as co que se está a traballar ou revisar os avisos creados. Para crear un novo aviso premer en Crear aviso.

Crear aviso

No Aviso a grupos necesitarase especificar a Data inicio validez e Data fin validez, indica que durante ese tempo será posible ver o aviso, despois desa data non estará visible. A continuación defínense o Aviso (a razón do aviso) e as Observacións nas que se poderá especificar un pouco máis (1024 caracteres) o que se desexa enviar ao alumnado. Premer en Gardar para enviar o aviso

Última modificación: Martes, 8 de Novembro de 2022, 18:07