Introdución e acceso

Este manual pretende ser unha referencia de uso para o profesorado galego axilizando a comunicación coas familias ao que se lle une á opción de abalarPro con acceso desde o móbil.

O profesorado, a través da aplicación web espazoAbalar,  poderá comunicarse coas familias mediante as distintas accións que ofrece este espazo: creación de avisos e notificacións, citas de titoría, incidencias na aula, xustificación de faltas, mensaxería...

Accederase á web https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

Pantallazo da web espazoAbalar

Despois de premer en Acceso aos servizos, poderase ver a páxina de acceso. Empregaranse o nome de usuario/a e contrasinal do correo corporativo.

Pantallazo identificación en espazoAbalar

Unha vez dentro da aplicación, seleccionarase o grupo co que se quere traballar e poderase seleccionar o idioma que se queira empregar na interface: Galego ou Castelán

Escoller idioma e grupo

Para acceder ás funcionaliades do espazo Profesorado, unha vez feito o rexistro premer en Accións.
Accións en espazoAbalar
Última modificación: Martes, 8 de Novembro de 2022, 17:58