Subscricións

Subscricións espazoProfesorado

Como profesor/a poderase subscribir ás distintas funcionalidades que ofrece o portal:

  • Aceptando a xustificación de faltas a través do portal: neste caso hai a opción de Recibir notificacións, estas serán recibidas a través do correo electrónico ou de Non recibir comunicacións.
  • Aceptando a solicitude de titorías por parte dos/as responsables do alumnado: con esta funcionalidade os/as responsables dos/as alumnos/as poderán solicitar unha cita de titoría.  Se indicamos que se desexa recibir notificacións cando un/ha responsable concerte unha cita de titoría, recibirerase un correo electrónico. Existe a opción de Non recibir comunicacións neste apartado de solicitude de titorías.

Unha vez feita a selección desexada premer en Gardar.

Última modificación: Martes, 8 de Novembro de 2022, 18:00