Citas de titoría

Importante: Para poder realizar a petición de citas de titoría a través deste apartado deberase ter en conta o proceso que cada centro teña á hora de solicitalas e a quen se dirixirán (profesorado titor, especialistas,...). Ademais cada docente poderá decidir se admite ou non a petición de citas de titoría a través deste recurso.

Pantallazo das funcionalidades de cita de titoría

Poderase ver o profesorado que imparte clase no curso do alumno/a e en cada caso poderase ver se a opción de Crear Cita está dispoñible ou non. No caso de que estea activada poderase solicitar unha cita de titoría. No caso de non ter dispoñible a opción de pedir cita xa aparece un aviso advertindo desta circunstancia. Neste caso a cita poderíase solicitar polas canles que se fai habitualmente.

Pantallazo para crear cita de titoría

Ao premer en Crear cita aparece unha nova ventá na que especifica o día da semana e a hora na que se pode solicitar titoría. 

Haberá que especificar a data elixida, a hora de inicio que se propón (ter en conta as horas de titoría dispoñibles por parte do profesorado) e as observacións que se queren engadir a esa solicitude.

Por último premer en Gardar para que a solicitude lle chegue ao profesor/a.

Pantallazo de cita sollicitada

Ao gardar a petición, vólvese á páxina inicial de Citas de titorías na que xa aparece a petición realizada. Desde esta ventá pódese ver:

  • Estado da petición: neste caso pendente ata a confirmación ou non por parte do/a profesor/a.
  • Motivo da anulación, cadro de texto onde se podería engadir un motivo polo cal anular a petición realizada. Unha vez se introduce o texto premer en Anular.
  • Ver detalle da solicitude realizada previamente.

Pantallazo confirmación cita de titoría

Unha vez recibida a petición por parte do/a profesor/a, recibirase notificación de aceptación ou anulación da solicitude (coma neste caso). Esta aceptación ou anulación comproborase no Estado da solicitude. O/A profesor/a pode propoñer outra data para poder realizar a titoría. Desde esta ventá pódese ver:

  • Ver detalle da solicitude e a resposta por parte do/a profesor/a.
  • Crear cita, para poder solicitar unha data acorde ás posibilidades do/a profesor/a e dispoñibilidade das persoas titoras do/a alumno/a.

Última modificación: Luns, 7 de Novembro de 2022, 17:47