Avisos e notificacións

Avisos e notificacións

Desde o apartado Accións poderase acceder a Avisos e notificacións. Este apartado ten a funcionalidade consulta para o profesorado, pois estes avisos realízanse desde o apartado espazo Centros (ao que só ten acceso a persoa directora do centro ou persoas que habilite).

A continuación seleccionarase o Tipo Notificación á que se desexa acceder:

  • Aviso do Centro aos profesores
  • Aviso do Centro ao grupo
  • Aviso do Centro
  • Todos

Por exemplo no apartado Aviso do Centro ao grupo poderase ver o tipo de aviso.

Exemplo de aviso

Facendo clic en Ver detalle poderase acceder a toda a información referida a esa notificación.

Detalle de aviso

Última modificación: Martes, 8 de Novembro de 2022, 19:21