Introdución

O portal espazoAbalar (https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/) é o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade. Trátase dunha moderna plataforma de última xeración desenvolvida pola Consellería e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica coa finalidade de:

  • Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.
  • Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.

O portal do Proxecto Abalar actualizou a súa imaxe e conta cunha gran variedade de contidos que están dispoñibles para toda a comunidade educativa, polo que calquera usuario poderá acceder e consultar a información e funcionalidades que aí se recollan. Ao largo desta guía, mostraranse as diferentes funcionalidades e servizos do novo portal.

Portada espazoAbalar


Última modificación: Luns, 24 de Outubro de 2022, 14:09