Informes

Informes

Desde esta ventá poderanse consultar os informes (tanto en formato pdf coma csv) de diferentes anos académicos. Os informes que se poden obter son:

  • Listado de incidencias e avisos: poderase ver o número de incidencias e avisos xerados por cada docente.
  • Listado de subscricións: poderase coñecer nun listado das persoas docentes que está subscrito á funcionalidade de recibir petición de titorías e a poder recibir xustificación de faltas a través do espazoAbalar.
  • Listado de titorías: poderanse consultar cantas titorías xestionou cada profesor/a a través da aplicación coñecendo as aceptadas e as canceladas.

Última modificación: Xoves, 10 de Novembro de 2022, 07:35