"Construír ciencia é poñer a lupa sobre o que xa se coñece, identificar o aplicable ao noso soño e intentar completar as pezas que faltan do crebacabezas con novas ideas que, como non, deben ser verificadas; trátase dun proceso creativo que require paixón antes o desafíos e moito traballo". Peregrina Quintela Estévez.
Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares. Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redaccióndun "manifesto" que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas. A matermática Pregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste anon 2017. Paralelamente, edítase un documento coa programación prevista nas bibliotecas públicas dependentes da consellería. En relación coas bibliotecas escolares, este documento recolle as principais liñas de actuación en materia de ciencia impulsadas desde o programa de bibliotecas escolares.
Son moitas as bibliotecas dos centros educativos que aproveitan este mes de novembro para difundir os seus recursos no ámbito científico, para dar a coñecer figuras galegas importantes no mundo da ciencia, ou para propor actividades de ciencia ao alumnado. Desde aquel LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, de 2013, obsérvase unha maior presenza de actividades de ciencia nas bibliotecas escolares, unha maior integración das ciencias e das humanidades, que é un dos obxectivos principais do programa de bibliotecas escolares. Para apoiar que esas propostas e actividades se realicen en galego, desde a Asesoría de bibliotecas escolares mantense unha páxina en PINTEREST, adicada aos libros informativos de ciencia en galego. Mantense, así mesmo, unha páxina de recursos relacionados coa ciencia en galego.
- Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. MANIFESTO 2017. Peregrina Quintela Estevez
- DOCUMENTO INFORMATIVO: Mes da ciencia en Galego nas Bibliotecas.
- PÁXINA DO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. RECOMPILACIÓN DE RECURSOS DE CIENCIA EN GALEGO
- CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: LIBROS INFORMATIVOS (PINTEREST)
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): Domingo Fontán e as xeorreferencias e Darwin e a viaxe do Beagle
- CEIP P. Curros Enríquez (Celanova , Ourense):Obradoiros do voluntariado sobre ciencia e traballos de investigación sobre científica
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra); Caixa da ciencia
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo, Pontevedra): Obradoiro de ciencia
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira, A Coruña): Exposicións, charlas e creación de tecnoloxía asequible
- CEIP P. A Pedra (Bueu, Pontevedra): Proxectos, experimentos e recomendacións lectoras
- CEIP Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón, Lugo): Ciencia e magosto
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña): Semana da robótica
- CEIP P. da Pontenova (A Pontenova, Lugo): Realización e presentación de experimentos científicos
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): A ciencia no cine ; Inventos de cine
- CEIP P. Sobreira-Valadares (Vigo, Pontevedra): Retos científicos
- CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral, A Coruña): Recursos para facer experimentos
- CEIP Víctor López Seoane (A Coruña): Maletas científicas; Feira científica
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo):Difusión da páxina GCIENCIA
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Actividades do mes da Ciencia
- CEP Lois Tobío (Viveiro, Lugo):Achegamento á figura de Baltasar Merino
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra):Experiencias científicas na biblioteca
- CPI de Pecalama (Tordoia, A Coruña): Biografías de científicos
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños, A Coruña): Exposición con materiais científicos en galego; trípticos turísticos; Turismo sustentábel
- CPI San Sadurniño ( San Sadurniño, A Coruña): Novembro de ciencia
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña):Carta xeométrica de Fontán; Visita dun topógrafo; Video- resumo
- EOI de Lugo (Lugo): Exposición e Club de lectura d'Os nenos da varíola
- IES David Buján (Cambre, A Coruña):Semana da Astronomía
- IES Fontexería (Muros, A coruña): Táboa periódica dos elementos
- IES Johan Carballeira (Bueu, Pontevedra): Información sobre Baltasar Merino e exposicións
- IES Miguel Ángel González Garcés (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra): Homenaxe a Marie Curie
- IES Nº 1 (Ribeira, A Coruña): Semana da Ciencia en galego
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos, Lugo): Xornadas ferraxeiras
- IES Porto do Son (Porto do Son, A Coruña). Revista matemática Lambda
- IES Punta Candieira (Cedeira, A Coruña):Exposición sobre o papel da muller na ciencia; Charla de divulgación científica
- IES A Xunqueira II (Pontevedra): Concurso de enxeño