ALFIN
O rap da Educación 2.0
Roberto Vidal Bolaño: o teatro protagoniza as Letras Galegas 2013
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."
As bibliotecas escolares galegas iniciaron xa o seu labor de sensibilización, información e apoio ao profesorado dos seus respectivos centros, co fin de que o alumnado coñeza e goce da obra deste autor e procurando, tamén, que aprendan a amar a través das actividades, un xénero literario e unha expresión cultural esencial para unha sociedade democrática e unha poboación culta. Seleccóns de recursos, propostas de actividades, materiais para a busca documental, iniciativas para espertar o gusto polo teatro, comezan a difundirse. Velaquí algúns exemplos:
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Cuestionario sobre exposición Vidal Bolaño de Política Lingüística.
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro-Viveiro): Recompilación de recursos
- CPI da Cañiza (A Cañiza): Recompilación de recursos
- CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos): Recompilación de recursos
- CEIP Carballal (Vigo): Webquest sobre Roberto Vidal Bolaño
- CEIP Rosalía de Castro (Xinzo da Limia): Ollando en galego (ciclo de cine en galego)
- CEIP Pedrouzos (Brión): Roberto Vidal Bolaño. Vídeo
- IES do Sar (Santiago de Compostela): Roberto Vidal Bolaño
- IES San Paio (Tui): Roberto Vidal Bolaño. Liña do tempo
- IES Fontexería (Muros): Roberto Vidal Bolaño. Presentación
- CEIP ADR Castelao (Rianxo): Roberto Vidal Bolaño. Actividades e recursos
- IES Lama das Quendas (Chantada): Mes das Letras
- CEIP de Cespón (Boiro): Roberto Vidal bolaño (webquest)
- IES Ribeira do Louro (O Porriño): Roberto Vidal Bolaño (presentación)
- CEIP Saco e Arce (Toén): Maio das Letras
- CEIP Xesús golmar (Lalín): Letras Galegas
- CEIP Rosalía de Castro (Xinzo da Limia): As caras de Rosalía -- Recursos Letras Galegas 2013
- CEIP de Pedrouzos (Brión): Roteiro por Santiago e Brión con Roberto Vidal Bolaño
- IES Concepción Arenal (Ferrol): Roberto Vidal Bolaño
- CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu) LIM sobre Roberto Vidal Bolaño
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás): Recompilación de recursos para as Letras Galegas 2013
- CEIP Rosalía de Castro (Xinzo da Limia): Actividades Letras Galegas 2013
- CEIP Mallón (Nigrán): Letras Galegas 2013. INFANTIL -- 1º ciclo Primaria --2º ciclo Primaria -- 3º ciclo Primaria
- CEIP Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa: Roberto Vidal Bolaño, recursos e propostas
- Biblioteca Mª Victoria Moreno, do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra); Entre o Libro e As Letras
Outros recursos dispoñibles:
- Seminario Galán (Seminario Permanente do CEIP Galan, Oseiro-Arteixo): Roberto Vidal Bolaño
Telexornal Vidal Bolaño, desde o CPI dos Dices Rois
Mulleres galegas. IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)
Desde a biblioteca do IES Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra, chéganos esta presentación sobre MULLERES GALEGAS, froito dos traballos de investigación do alumnado de PDC de 4º Curso de ESO. A biblioteca como espazo de investigación e de apoio aos proxectos de aula.
Aprender a buscar na rede. Un recurso para a autoformación e para a formación do alumnado. Un recurso ALFIN
Froito da xenerosidade e da colaboración de dúas profesoras, responsables das bibliotecas escolares dos seus centros, Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro, de Malpica, e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, podemos contar con este recurso de gran interese, e de gran calidade, para a formación ALFIN do alumnado: "Aprende a buscar na rede con eficiencia". Constitúe, así mesmo, unha ferramenta para a autoformación do profesorado como usuario da rede, e unha oportunidade para compartir coñecemento entre os distintos sectores da comunidade educativa. Agradecemos a estas dúas profesoras a difusión do seu traballo, en beneficio de todas as persoas interesadas na multialfabetización e, en particular, do colectivo das bibliotecas escolares galegas.
ALFIN: Móbiles? Unha reflexión sobre a comunicación e o acceso á información.
Desde a biblioteca do IES Marqués de Sargadelos, de Cervo (Lugo) achégannos unha presentación sobre unha temática ben interesante. Nela vemos o resultado dun traballo dos grupos de PDC de 4º de ESO arredor do uso que facemos dos móbiles. Unha interesante reflexión que, ademais, ten como escenario e como plataforma de difusión deste traballo, a biblioteca, como ben vemos na presentación.
Un exemplo máis do papel da biblioteca como apoio ás intervencións na aula, como oportunidade para a formación do alumnado no uso consciente das tecnoloxías da información e da comunicación. Un contido ALFIN de carácter urxente, tratado con recursos accesibles en calquera centro.
Día Escolar da Paz e a Non Violencia - 2013.
Iníciase o ano cos traballos preparatorios para a conmemoración dunha data significativa no calendario anual, o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebra o 30 de xaneiro, data da morte de Gandhi (fai agora 65 anos). As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas propostas, poñendo a disposición das súas comunidades educativas recursos variados e apoiando as iniciativas do centro para a educación en valores, que vén sendo o motivo de toda esta actividade.
-
CEIP Andrade (Pontedeume, A Coruña): INFANTIL - 6-9ANOS - 9-12 ANOS - Coa palabra PAZ. De Cine --- Apertas de Paz
-
CEIP Seis do Nadal (Vigo, Pontevedra): Selección de lecturas -- Recursos
- VÍDEOS:
- Déixate apadriñar. VÍDEO da Fundación Khanimambo (www.dejateayudar.org)
- Binta y la gran idea
- Recursos no Espazo Abalar (Consellería de Cultura, Educación e O.U.)
- Guía de lectura: Los libros no quieren la guerra. Biblioteca Civican. Pamplona
- IES Juan de Herrera (San Lorenzo de El Escorial, Madrid)
"Caderno de bitácora". Materiais do IES Pedras Rubias para a competencia informacional.

Desde o IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas (Pontevedra), achégannos un excelente material para traballar a competencia informacional co alumnado, froito dun Grupo de Traballo que se desenvolveu no centro ao longo do curso 2011/2012. Segundo nos conta a responsable da biblioteca o título que lle deron a este material está ben xustificado: A nosa unidade trata de solucionar a educación documental dixital, a través dunha especie de "Caderno de bitácora" no que guiarse para aprender buscas na Rede, distinguir páxinas fiables, etc. En definitiva, a tan nomeada e necesaria alfabetización dixital. ACCESO a "Caderno de Bitácora". Educación documental dixital.
"Contidos educativos dixitais: un mundo en pezas e para facer"
Conferencia do profesor Antonio Rodríguez de las Heras no Congreso Nacional sobre Contenidos Educativos Digitales, celebrado os pasados 4, 5 e 6 de outubro en Mérida. Cómpre escoitar con atención as recomendacións deste investigador do mundo dixital e defensor das Humanidades, e facer das nosas bibliotecas escolares, en tanto que centros de recursos da información, uns espazos eficaces que contribúan a racionalizar as actividades e as prácticas que se levan a cabo no centro, sabendo cales son as dificultades ás que se enfronta o noso alumnado, ás que nos enfrontamos como educadores.
Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade
Segundo se achega a data do 17 de maio vanse multiplicando as actividades nos centros educativos, a maioría das veces froito da colaboración entre os equipos de Biblioteca, Normalización Lingüística e TIC, un bo exemplo de que a integración dos distintos programas existentes no centro é o camiño a seguir.
Boa mostra disto son os materiais que recolle a Secretaría Xeral de Política Lingüística no repositorio de actividades sobre a figura de VALENTÍN PAZ ANDRADE co gallo da celebración do Día das Letras 2012, e que a meirande parte corresponde a actividades xurdidas de programacións conxuntas en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares (CEIP ADR Castelao (Rianxo, A Coruña), CEIP A Ponte (Lugo), CEIP dos Dices (Rois, A Coruña), CPI José García García (Ourense), CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás, Ourense), CEIP de Rebordáns (Tui, Pontevedra), CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense). Deste último centro é o libro interactivo sobre Valentín Paz Andrade da imaxe.
Formando usuarios da biblioteca escolar: CEIP Mestres Goldar
Unha das funcións da biblioteca escolar é a de facilitar materiais que favorezan o desenvolvemento de habilidades de uso da información entre o alumnado do centro; un primeiro tramo nesa carreira de fondo que é a adquisición da competencia informacional, pasa por coñecer a biblioteca escolar e saber moverse por ela cun mínimo de seguridade, gañando así en autonomía e "aprendendo a aprender".
Velaquí un excelente exemplo, desde o CEIP Mestres Goldar, de Vigo: un material a disposición da comunidade educativa para o traballo de competencias básicas.
Bibliotecas escolares de Galicia, espazos ALFIN

Formación de usuari@s na biblioteca CEIP de Pedrouzos (Brión, A Coruña)

"Un bosque para ler e navegar", ou como artellar un Proxecto Documental Integrado (PDI).
O 2011 foi declarado Ano Internacional dos bosques polos organismos internacionais. Esta circunstancia foi aproveitada por moitos centros escolares para centrar a súa actividade, nalgún momento do curso, no mundo dos bosques, desde destintos enfoques. Un exemplo de bo facer é este Proxecto Documental Integrado (PDI), Un bosque para ler e navegar, deseñado e desenvolvido durante todo o curso no CEIP Frián-Teis, de Vigo, coa participación de toda a comunidade educativa. Recomendamos unha visita aos distintos apartados deste traballo, apoiado pola biblioteca a través dos seus recursos informativos, porque ilustra estupendamente como se pode aprender e ensinar aproveitando fontes diversas, partindo do medio, do máis próximo e significativo para o alumnado, sumando forzas, creando vínculos entre os distintos sectores da comunidade escolar, integrando tecnoloxías tradicionais e dixitais... en definitiva, educando a alumnado actual con metodoloxías axeitadas, sen esquecer o importante: o dereito das nenas e dos nenos a aprender e a medrar como cidadáns activos.
Formación de usuarios en clave de "lipdub" no IES Fontem Albei
A formación de usuarios e usuarias pódese facer de moitas maneiras, pero cando se aúna humor, participación, música, visibilidade e bo facer, o éxito está asegurado. Velaquí o primeiro "lipdub" dunha biblioteca escolar galega. Parabéns ao equipo de Biblioteca do IES FONTEM ALBEI (A Fonsagrada, Lugo), por esta iniciativa!
Aprender a usar a información e cultura de Paz desde as bibliotecas escolares
Achégase o 30 de xaneiro e moitos centros educativos fan xirar boa parte das actividades de aprendizaxe de lectura, escritura e tratamento da información arredor do tema da Paz. Esta data, aniversario da morte de Gandhi, foi declarado pola UNESCO Día Escolar pola Paz. Comezan a chegarnos materiais elaborados desde as bibliotecas escolares con esta finalidade, que iremos difundindo a través desta páxina:
Biblioteca escolar, centro de recursos de aprendizaxe.
Rematado o curso 2009/2010, chega o tempo de racapitular e recoller na memoria final do curso a realidade da biblioteca escolar e as súas achegas á innovación e á mellora da calidade do ensino. Entresacamos da memoria dun IES de Pontevedra, integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares, a seguinte valoración ao avaliar a consecución de obxectivos para este curso recen acabado:
"Obxectivo: facilitar o traballo interdisciplinar: Tamén neste aspecto nos sentimos satisfeitos non só pola acollida das nosas propostas neste sentido -Viaxamos, Xeografía do Courel, Repintamos a Seoane, Ilustramos...--, senón tamén porque moitos compañeir@s romperon o esquema de materia pechada e presenza absolutista do profesor ou profesora ao entender que os rapaces e rapazas aproveitan moito máis e desenvolven a súa capacidade de relación cando se rompe o illamento e a unidireccionalidade. Moitos departamentos colaboraron e traballaron conxuntamente para sacar adiante algunhas das actividades programadas, suxeriron ideas, facilitaron materiais, e un longo etc. (...) houbo moito traballo colaborarivo."
Bibliotecas escolares, espazos de aprendizaxe
Cada día, todos os días do curso, as bibliotecas escolares ofrecen recursos e oportunidades para a aprendizaxe: aprendizaxe guiada e, de forma paulatina, aprendizaxe autónoma. Velaquí dous exemplos de distintos niveis educativos: No CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña), as rapazas e rapaces dos distintos ciclos andiveron a investigar sobre as mulleres científicas e, logo de recoller información en distintas fontes, prepararon unhas "conferencias" para os seus compañeiros e compañeiras. Pódemos coñecer esta actividade no blog da biblioteca: HIPATIA (6º B) - MARIE CURIE (5º B) - MARY ANNING (3º A) - SALLY RIDE (3º B) - ENHEDUANNA ( 2º)
A prol dos Dereitos Humanos
As bibliotecas escolares apoian os programas e actividades incluídas no Proxecto Educativo do Centro. Un exemplo máis de cómo as bibliotecas escolares galegas realizan esta función, día a día: desde Monforte de Lemos, a biblioteca do IES Río Cabe, referente xa na elaboración de excelentes carteis para este día, nos envía unha imaxe ben expresiva para traballar os contidos propios do Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, incluída no calendario civil e no calendario escolar, e tan esquecida no "calendario" da realidade social. A título de exemplo, tamén, a webquest realizada pola responsable da biblioteca do CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña), para traballar a educación documental co alumnado de 3º ciclo de Primaria, a través dos contidos relacionados cos dereitos humanos.
As bibliotecas escolares buscan e poñen a disposición de profesorado e alumnado recursos diversos para o tratamento dos temas do currículo. E como exemplo, este traballo de recompilación de materiais en relación cos dereitos humanos que fixo a biblioteca do CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra).
Novos materiais para formación de usuarios/educación documental
Desde a biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa, de O Barco (Ourense), chéganos un novo material para avanzar na educación documental do alumnado: Partes dos documentos que nos axudan na procura de información.
Parabéns e agradecementos a Xoaquín, responsable da biblioteca, por este recurso que pon a disposición das bibliotecas escolares galegas.
Educación no acceso á información: Obras de referencia
Os profesionais das bibliotecas escolares galegas non descansan.... Velaquí un recurso máis para a educación en información do alumnado, feita con rigor e bo gusto, que tamén é educativo. Agradecemos a Xaquín, responsable da biblioteca do CEIP Conde de Fenosa, de O Barco (Ourense) a súa xenerosidade á hora de compartilo.
Letras Galegas 2009
Está o Día das Letras petando na porta e levan todo o ano as bibliotecas escolares traballando por mantelas vivas, as Letras. Por se esto fose pouco, tamén preparan recursos e materiais específicos para a conmemoración da efeméride, adicada este ano a Ramón Piñeiro.
E Darwin segue a dar moito que investigar
Chéganos outro recurso, ben coidado e ben interesante, para avanzar na educación documental e na competencia informacional do alumnado de ensino primario, a través da figura de Darwin. Apoiando as palabras dos seus creadores, "nestes tempos de creacionistas, deseñadores intelixentes e ensino trilingüe, reivindicar un espirito científico como o de Darwin é completamente necesario", felicitamos aos responsables da biblioteca do CEIP Conde de Fenosa, de O Barco de Valdeorras, por esta iniciativa, e a súa xenerosidade á hora de difundila e poñela a disposición de todo o profesorado.
Proxecto interdisciplinar en 1º da ESO
A biblioteca escolar constitúe o centro de recursos imprescindible para o desenvolvemento dunha materia pensada para mellorar a competencia informacional do alumnado: PROXECTO INTERDISCIPLINAR (1º ESO). No IES Alexandre Bóveda, de Vigo, están a traballar neste curso un proxecto denominadao Todos somos romanos, e publican un blogue no que se pode seguir o desenvolvemento das súas actividades. Un bo exemplo de aproveitamento desta nova materia dos currículos-LOE en Galicia, unha das dúas comunidades autónomas (a outra é Cataluña) nas que se recoñece cun tempo específico(aínda que mínimo) a necesidade de educar nas habilidades de uso e tratamento da información.