Coa colaboración do equipo docente, a Biblioteca escolar do IES de Fene, no contexto do desenvolvemento do proxecto lector de centro e do seu amplo programa de actuacións, está a publicar uns "itinerarios lectores", seleccións de títulos por materias, de coidada factura e gran interese. Están dispoñibles na Rede, a través do blog desta biblioteca escolar, O Segrel do Penedo, na sección "documentos a compartir".
Lecturas por áreas/materias
Itinerarios lectores no IES de Fene
Xeografía e Literatura. 3º ESO
A responsable da biblioteca do IES Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa, Susana Trigo, ofrece para a súa difusión este traballo, froito dunha Licenza por estudos concedida pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no ano 2007:
XEOGRAFÍA E LITERATURA. Unha proposta para 3º da ESO, segundo Decreto 133/2007:
Bloque 3: Organización política e espazo xeográfico. Bloque 4: Transformacións e desequilibrios no mundo actual.
Inclúe dous ficheiros: Índice de materias e Catálogo bibliográfico.
Lecturas. Educación Plástica e Visual. 1/2 Ciclo da ESO
Teresa cámara, profesora de Educ. Plástica do IES Alexandre Bóveda, de Vigo, en colaboración coa biblioteca dese centro, remítenos unha relación de títulos relacionados con esta materia.
Selección de lecturas. Educación Plástica e Visual. 1º e 2º Ciclo da ESO
Selección urxente de títulos LIX asociados a distintas materias
Mayte Leis, profesora de Lingua e Literatura Castelá achéganos unha interesante selección de titulos de literatura xuvenil, basicamente en lingua castelá, realizada dende a súa experiencia como mediadora entre mozos e libros. Todos os textos están lidos e "probados", e dende esa práctica, suxírenos unha posible utilización en prácticas de fomento da lectura nas distintas materias ou nas actividades de titoría. A Asesoría de bibliotecas escolares agradece a súa colaboración.
Matemáticas para ensino secundario e bacharelato
Excelente selección do Departamento de Matemáticas do IES Izpisúa Belmonte de Hellín (Albacete) que se pode atopar na súa páxina de Internet. Ademais de títulos para os distintos niveis de ESO e Bacharelato (que se acompañan de propostas de traballo a partir da lectura, e comentarios realizados polos lectores), estes profesionais ofrecen un bo número de recursos para o ensino das matemáticas na súa páxina. Un exemplo de xenerosidade e bo facer.
Seleccións de lecturas para a materia de Música
- Lecturas Música. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores Tobío
Seleccións de lectura para a materia de Educación Plástica
- Lecturas Educación Plástica. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores Tobío
Seleccións de lecturas para a materia de Inglés
- Lecturas Inglés. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores tobío
Lecturas para a materia de Educación Plástica
- Educación Plástica. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores tobío.
Selección de lecturas para a materia de Educación Física
- Educación Física. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores Tobío.
Seleccións de lecturas: Historia
- Selección de lecturas: Historia. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores Tobío.
Física e Químicia
- Lecturas de Física e Química. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores Tobío.
Ciencias da Natureza - Ensino Secundario
- Selección de lecturas. Ciencias da Natureza. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores Tobío
Seleccións para a materia de Lingua e Literatura Galega - Ensino Secundario
- Novidades interesantes. Lingua e Literatura Galega. IES Sánchez Cantón - Pontevedra (2007). Biblioteca. Charo Sánchez-Gabriel.
Lecturas para 1º da ESO
Lecturas de sociais 1º ESO (2007). Pili Pereiro
Medio Ambiente
- Porque a terra non é ningún xoguete. IES Río Cabe - Monforte (2007). Mª Luz Paramio
Seleccións de lecturas para a materia de francés
- A francofonía. IES Pintor Colmeiro - Silleda (2007). Biblioteca - Dpto. Francés
- Depártement de Francés - 2007 - IES Afonso X O Sabio - Cambre. Biblioteca - Dpto. Francés.
Seleccións "con filosofía"
- Nove propostas. Departamento de Filosofía. IES Afonso X O Sabio - Cambre (2007). Biblioteca - Dpto. Filosofía
- Guía de lectura. Departamento de Filosofía. IES Sánchez Cántón - Pontevedra (2007). Biblioteca - Dpto. Filosofía
Bioloxía e xeoloxía
Bioloxía e xeoloxía. IES Afonso X O Sabio - Cambre (2007). Biblioteca - Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía
Selección para a área de Matemáticas. Ensino Secundario
- Selección de lecturas. Matemáticas. IES Sanxenxo (2007). Biblioteca. Dolores Tobío.
- Todas as lecturas de matemáticas. IES Poeta Díaz Castro - Guitiriz (2007). Biblioteca. Olga Aguiar
- Guía de lectura. Matemáticas. Bacharelato. IES Sánchez Cantón - Pontevedra (2007). Biblioteca. Charo Sánchez-Gabriel
- Guía de lectura. Matemáticas. Primeiro Ciclo. IES Sánchez Cantón - Pontevedra (2007). Biblioteca. Charo Sánchez-Gabriel
- Unha volta polo mundo das matemáticas. IES Pintor Colmeiro - Silleda (2007). Gracia Santorum.
- Déixate levar pola matemática. IES Río Cabe - Monforte (2007). Mª Luz Paramio