Lingua galega e Literatura
Din que a poesía é para as minorías, mais esta é unha idea que non compartimos no IES Xulián Magariños. A poesía é a voz das emocións, polo tanto, este xénero literario é para todas e todos nós.
E isto é algo que saben ben no Agrupamento Específico de 2º ESO, sobre todo tras o proxecto audiovisual que realizaron na materia de Lingua e literatura galega, baixo a coordinación de María Blanco Crespo. Ao longo deste trimestre, escolleron un texto poético galego e crearon, a partir del, unha pequena peza audiovisual para a que gravaron a súa voz durante o recitado, escolleron imaxes de acordo co seu contido, e acompañaron cunha música tamén escollida persoalmente.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades ver o seu traballo e queremos aproveitar para animarvos a que leades poesía. E se é galega, aínda mellor!
O pasado día 18 de Maio na Casa de Cultura do Milladoiro celebrouse a entrega de premios do Certame Literario "Concello de Ames 2017", onde un ano máis o talento do noso alumnado, neste caso feminino, brillou máis que nunca ao acadar dous premios na categoría de "Narrativa". Iria Freira Agra e Lucía Fontes Bustos, ambas alumnas de 4º ESO, recibiron o 1º e 3º premio respectivamente.
Parabéns a estas alumnas que en plena época de exames saben facer un oco á literatura, ou cal aínda ten máis mérito.
Aquí vos deixamos "Unha gaiola para a luz "(1º premio) e "A vida de Marta" (3º premio) para que gocedes da súa lectura.
El Correo Gallego adica unha páxina aos éxitos do IES Xulián Magariños nas competicións de debate onde participa o noso alumnado
A este prestixioso certame presentáronse 129 obras.
Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) a gañadora foi Iria Freire, do IES Xulián Magariños de Negreira, coa obra Unha gaiola para a luz. A segunda clasificada foi Ana Barros, de Marín, coa peza Bala Perdida, e na terceira posición quedou Lucía Fuentes, tamén de Negreira, co traballo A vida de Marta.
Parabéns a todos/as os/as premiados/as e moi especialmente a Iria e Lucía.
Por segundo ano consecutivo o noso centro resultou o brillante vencedor do Club de Debate 2017 na final celebrada, o pasado sábado 6 de maio, no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela. O tema da final foi "O futuro da lingua depende da mocidade", tese que tiveron que defender a prol (fronte ao IES Leixa, de Ferrol) e en contra (fronte ao IES Luís Seoane).
O equipo estaba formado por: Raúl Cobas Campos e Cristina Campos Castro (de 3º ESO); Alba Espasandín Vázquez, María Lema Barca, Jonathan Blanco Vieites e David Vigo Pena (de 4º ESO); e José Caamaño Noya, Alejandro Rodríguez Becerra, Alba García Mato, Candela Fernández Carballo e Fátima Fathallah Ezzine (de 1º de Bacharelato). A coordinadora do equipo foi María Blanco Crespo, do Departamento de Lingua e literatura Galega.
Parabéns para todo o equipo polo seu esforzo e traballo, así como pola súa actitude humilde e respectuosa durante toda a xornada. Sentimos moito orgullo por este premio. Felicitacións tamén aos demais equipos participantes polo alto nivel demostrado ao longo da competición.
A. ENCONTRO CON ESCRITORES
B. RINCÓN DE LECTURA. MARTES 25
Actividade deseñada polas rapazas que levan os recreos lúdicos, que consistirá en sacar material da biblioteca aos corredores (sofás, coxíns, cómics, revistas...) durante os recreos deste martes, e organizar unha gymkana nun deles.
C. ESCAPARATE ALUSIVO
Deseñado e feito polo alumnado do Ciclo Medio de Comercio coordinado polo profesor Alejandro Guntiñas. No 1º Andar Edificio Principal.
D. Exposición e venda de libros (xoves 4 de maio)
Como adianto da revista do instituto correspondente a este curso, e dado que este ano lemos moitos relatos de misterio, algúns de Castelao, o alumnado de 3º ESO comparte con nós algunhas mostras da súa propia creación. Disfrutade destes terroríficos relatos...(ou non ;)
Fotos da visita didáctica realizada este xoves 6 de abril, polo alumnado da materia 2º Idioma Portugués de 4º ESO e de Cultura e Idioma Portugués de 1º de Bacharelato ao norte de Portugal visitando o Castelo de Guimarães e a Capela do Paço dos Duques de Bragança entre outros lugares. Foron a compañados polos profesores, Nuria Arauxo García, María Rey Rey e Xosé Amancio Liñares Giraut. Organizou departamento de Lingua Galega.