Últimas novas
Por mor da celebración do 29 Congreso de Enciga suspenderanse as actividades lectivas as dúas últimas horas do xoves 17 e toda a mañá do venres 18 de novembro.
Por cortesía da Asociación Micolóxica Sendeiriña "Nicraria Tamara" podedes disfrutar dunha completísma exposición de cogumelos no hall de entrada do Instituto.
Os días 17,18 e 19 de novembro o IES Xulián Magariños de Negreira acollerá aos participantes no XXIX Congreso de Enciga (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia), coordinado polos profesores do noso centro D. Adelino Pose Reino e D. Francisco Rañal Loureiro.
Os/as interesados en participar poden atopar toda a información na páxina web de Enciga, sendo a data límite de inscrición o día 13 de novembro.
Fotos do acto de entrega dos carnets de titores ao alumnado de 3º de ESO A, B e C. Tras o acto presentáronse a os seus titorandos de 1º ESO A, B e C e tiveron unha actividade de posta en común.
Dentro dos múltiples proxectos e programas desenvolvidos no Centro,
pónse en marcha por terceiro curso consecutivo, o programa "Titorías entre Iguais", onde alumnado de 3º ESO titoriza e serve de apoio a alumnado de 1º ESO. Este alumnado titor ten o apoio do Departamento de Orientación e realizará ao longo do curso actividades conxuntas coas súas titorizados.
Unha ferramenta que se suma ao Servizo de Mediación e ás Asambleas de Aula, todas cun objectivo común: tentar lograr un centro cunha convivencia positiva.
O Consello da Cultura Galega conmemora o centenario das Sociedades Galegas de Instrucción cunha interesante exposición que podedes contemplar estes días no noso centro. Con ela preténdese difundir e honrar o compromiso da emigración galega na mellora das condicións de vida e a educación da súa terra.
O comisario da exposición, D. Vicente Peña Saavedra dará unha conferencia sobre o tema o vindeiro martes día 8 de novembro, da que tedes información nesta mesma web.