Eventos
Ven | ||
---|---|---|
INFORMAMOS QUE TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS FORON APROBADAS. O alumnado deberá formalizar a matrícula do 23 de xuño ao 7 de xullo, ambos incluídos. O 1 DE MARZO ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A ADMISIÓN NO IES XULIÁN MAGARIÑOS (alumnado procedente de OUTROS centros que non son os adscritos) FASES DO PROCESO a) Entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado do último curso dos centros adscritos a noso instituto (alumnado de 6º de Educación Primaria no CEIP O Coto e alumnado de 4º de ESO no CPI da Baña) reserven a súa praza no IES Xulián Magariños co obxecto de continuar aquí os seus estudos. Teñen que facer o trámite neses centros onde están cursando estudos a día de hoxe (ahí daranlles toda a información e os impresos necesarios). (FINALIZADO) b) Sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo (FINALIZADO) c) Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo. (FINALIZADO) d) Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. (FINALIZADO) O alumnado que non teña dereito a reserva de praza (non cumple as condicións do apartado a.) e quere empezar ou continuar os seus estudos de ESO ou Bacharelato aquí debe facer solicitude de admisión: DOCUMENTACIÓN NECESARIA: solicitude (modelo ED550B), fotocopia do DNI ou libro de familia, certificado académico expedido polo centro actual onde está a cursar estudos, e de ser o caso sentenza xudicial de divorcio ou outra documentación para acreditar circunstancias persoais As solicitudes faranse preferentemente a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ . Unha vez completada a solicitude pode presentarse por dúas vías: a) En sede electrónica (mediante Chave 365 ou certificado dixital), acompañada do resto da documentación necesaria escaneada. Neste caso non é necesario entregar nada no centro, nin solicitude nin documentación b) Imprimir a solicitude e asinala, e presentala físicamente no centro co resto da documentación En caso de poder facer o proceso por internet pode pasar polo centro (previa cita telefónica) a recoller o impreso SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: O IES Xulián Magariños ten servizo de transporte escolar. Para solicitalo debe facerse no momento de formalizar a matrícula ( a finais de xuño)
VACANTES ESTIMADAS A día de hoxe (28 de febreiro) as prazas vacantes estimadas son 1º ESO : 7 2º ESO : 17 3º ESO : 16 4º ESO : 16 1º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA e HUMANIDADES E CCSS : 0 2º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA e HUMANIDADES E CCSS : 15
TODA A INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLERÍA https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051
O vindeiro venres 2 de febreiro ás 19:00 horas terá lugar unha unha nova sesión da Escola de Familias. Neste caso grazas á financiación da ANPA do centro contamos co experto en ciberseguridade José Torres. Consideramos que é una ponencia do máximo interese para todas as familias polo que recomendamos a asistencia á mesma, lembrando que teñen que inscribirse a través do correo : orientacion.ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal O título da charla é "Condutas de risco online e ciberdelincuencia", e nela se abordarán as seguintes temáticas: - Telefonía móbil: seguridade nos dispositivos e protección da información. - Xeolocalización e redes wifi - Mensaxería instantánea móbil: whatsapp, telegram, etc. - Ciberacoso: tipos, tratamento e prevención. Grooming, sexting, stalking, ciberbullying. - Protección da intimidade e da privacidade - Redes sociais - Videoxogos - Intelixencia artificial - Metaverso. José Torres é Experto Universitario en investigación da ciberdelincuencia. Diplomado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) como especialista en privacidade e seguridade nas Redes Sociais. Diplomado polo Centro Nacional de Excelencia en Ciberseguridade (CNEC) como especialista no análise de evidencias dixitais. Tamén foi membro do Consello Asesor do estudo de UNICEF sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia. Desde o ano 2006 é responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Guardia Civil de Pontevedra, e ten participado en numerosos proxectos de investigación, tales como o desenvolvemento da plataforma "VICUS", deseñada para a localización a nivel mundial de pornografía infantil nas redes P2P ou o programa "TWICUS", para a análisis e detección do ciberbullying en Twitter. |