PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA CURSAR ESO OU BACHARELATO NO CURSO 2023-2024
ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR ADMISIÓN NO IES XULIÁN MAGARIÑOS (alumnado que non fixo a reserva de praza)
FASES DO PROCESO
a) Entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado do último curso dos centros adscritos a noso instituto (alumnado de 6º de Educación Primaria no CEIP O Coto e alumnado de 4º de ESO noCPI da Baña) reserven a súa praza no IES Xulián Magariños co obxecto de continuar aquí os seus estudos. Teñen que facer o trámite neses centros onde están agora mesmo (ahí daranlles toda a información e os impresos necesarios).
b) Sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo
c) Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
d) Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. O alumnado que non teña dereito a reserva de praza (non cumple as condicións do apartado a.) e quere empezar ou continuar os seus estudos de ESO ou Bacharelato aquí debe facer solicitude de admisión:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA: solicitude (modelo ED550B), fotocopia do DNI ou libro de familia, certificado académico expedido polo centro actual onde está a cursar estudos, e de ser o caso sentenza xudicial de divorcio ou outra documentación para acreditar circunstancias persoais
As solicitudes faranse preferentemente a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ . Unha vez completada a solicitude pode presentarse por dúas vías:
a) En sede electrónica (mediante Chave 365 ou certificado dixital), acompañada do resto da documentación necesaria escaneada. Neste caso non é necesario entregar nada no centro, nin solicitude nin documentación
b) Imprimir a solicitude e asinala, e presentala físicamente no centro co resto da documentación
En caso de poder facer o proceso por internet pode pasar polo centro (previa cita telefónica) a recoller o impreso
VACANTES ESTIMADAS
Postos dispoñibles unha vez sexan contabilizadas as reservas de praza
1º ESO : 20
2º ESO : 9
3º ESO : 20
4º ESO : 13
1º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 1
1º BAC HUMANIDADES E CCSS : 5
2º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA : 14
2º BAC HUMANIDADES E CCSS : 19
TODA A INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLERÍA https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867