Eventos
Mar | ||
---|---|---|
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os "Encontros Virtuais" orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade. Os "Encontros Virtuais" da USC, terán lugar a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC. Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán: o Presentacións das titulacións o Obradoiros, Retos, etc. o Opinión de alumnos/as sobre a titulación o Pílulas relacionadas coa titulación o Concursos o Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias. |