Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Segundo as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre, informamos ás familias do noso alumnado que o vindeiro día 3 de abril se procederá ao peche das actas de avaliación. O profesorado non poderá considerar avaliables as actividades relacionadas con contidos curriculares posteriores á data da declaración do estado de alarma, deben de facelo unicamente co traballo desenvolvido ata dita data. As familias recibiredes na aplicación AbalarMóbil os resultados da dita avaliación.
No caso do alumnado de 2º curso de SMR e de ASIR, e para facilitar a realización de exames de recuperación, as actas pecharanse o día 17, polo que ese día se recibirán ás notas, tamén por medio da aplicación AbalarMóbil.
A DIRECCIÓN |