Eventos
Mar | ||
---|---|---|
EXAMES DE SETEMBRO IMPORTANTE: O alumnado que levou libros de texto procedentes do fondo solidario ou adquiridos coas axudas da Xunta para preparar os exames de setembro e o resto de alumnado beneficiario do fondo de libros do curso 2017-18 que falte por devolver libros ten que traelos e deixalos en Conserxería. Tal e como recolle a orde de convocatoria (artigo 5) "As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas: Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18" A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19. MATRÍCULA DE SETEMBRO (NOVAS DATAS) Os días para formalizar a matrícula en setembro serán : 2º Bacharelato e probas ABAU : Xoves 6 de setembro 1º Bacharelato, 3º e 4º de ESO : Venres 7 de setembro 1º e 2º de ESO : Luns 10 de setembro |