Eventos
Xov | ||
---|---|---|
O prazo de presentación de solicitudes rematará o venres 6 de xullo de 2018. Para poder optar ao premio hai que ter rematado 4º ESO este ano cunha media global nos 4 cursos de ESO igual ou superior a 9. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes. A celebración da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2018. Ante a inminente implantación o vindeiro mes de setembro do ciclo medio de Sistemas Informáticos e Redes, a dirección do IES Xulián Magariños ven de solicitar á Xefatura Territorial o acondicionamento do que será o preceptivo taller de instalación e reparación de equipos informáticos. O centro conta na actualidade cun local exterior, amplo e luminoso, pero que presenta numerosas deficiencias tanto no aillamento como na rede eléctrica e informática que dificultan a súa utilización. Trátase, por tanto, de iniciar canto antes os traballos que permitan facer deste espazo un lugar idóneo e que garanta o acceso do alumnado en condicións axeitadas de seguridade e salubridade. |