Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
O Consello da Cultura Galega conmemora o centenario das Sociedades Galegas de Instrucción cunha interesante exposición que podedes contemplar estes días no noso centro. Con ela preténdese difundir e honrar o compromiso da emigración galega na mellora das condicións de vida e a educación da súa terra. O comisario da exposición, D. Vicente Peña Saavedra dará unha conferencia sobre o tema o vindeiro martes día 8 de novembro, da que tedes información nesta mesma web. Fotos do acto de entrega dos carnets de titores ao alumnado de 3º de ESO A, B e C. Tras o acto presentáronse a os seus titorandos de 1º ESO A, B e C e tiveron unha actividade de posta en común. A titoría entre iguais é un método de aprendizaxe cooperativa baseada na creación de parellas de alumnos, cunha relación asimétrica (derivada da adopción do rol de titor e do rol de tutorado), cun obxectivo común, coñecido e compartido (por exemplo a adquisición dunha competencia curricular).
Para ver as fotos en tamaño grande clique na miniatura
|