Eventos
Sáb | ||
---|---|---|
O Consello da Cultura Galega conmemora o centenario das Sociedades Galegas de Instrucción cunha interesante exposición que podedes contemplar estes días no noso centro. Con ela preténdese difundir e honrar o compromiso da emigración galega na mellora das condicións de vida e a educación da súa terra. O comisario da exposición, D. Vicente Peña Saavedra dará unha conferencia sobre o tema o vindeiro martes día 8 de novembro, da que tedes información nesta mesma web. Data17/11/2016
End: 19/11/2016
Os días 17,18 e 19 de novembro o IES Xulián Magariños de Negreira acollerá aos participantes no XXIX Congreso de Enciga (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia), coordinado polos profesores do noso centro D. Adelino Pose Reino e D. Francisco Rañal Loureiro. Os/as interesados en participar poden atopar toda a información na páxina web de Enciga, sendo a data límite de inscrición o día 13 de novembro. |