Skip to Content

Reserva e admisión 2022-2023

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, os prazos previstos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado son os que se indican a continuación e, en todo caso, enténdense referidos ao ano natural: 

  1. Reserva de praza no centro de orixe: 11 de xaneiro - 8 de febreiro.

  2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

  3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo. 

  1. Presentación da solicitude de admisión: 1-21 de marzo. 

  1. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 23 de marzo - 5 de abril.

  2. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

  3. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

  4. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

  5. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro. 

 

FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

O alumnado que remate unha etapa educativa nun centro docente adscrito terá prioridade para continuar estudos no centro de adscrición en que exerza o seu dereito de reserva, respecto do alumnado que solicite a admisión.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible:

Prazo:

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluidos.

 

Centros adscritos:

O IES Xermán Ancochea Quevedo ten adscritos os seguintes centros educativos para as ensinanzas de ESO e Bacharelato:

  • CEIP Manuel Bermúdez (adscrito para ESO).

  • CEIP de Manzaneda (adscrito para ESO).

  • CPI Virxe dos Remedios (adscrito para Bacharelato).

Todo o alumnado dos centros adscritos que solicitou reserva de praza en 1º E.S.O. e en 1º BACHILLERATO foi asignado e admitido no IES Xermán Ancochea; polo que non necesitará presentar solicitude de admisión. Soamente deberá formalizar a matrícula a partir do 25 de xuño de 2022.

As listaxes do alumnado con reserva de praza e admitido no centro para o vindeiro curso estará a vosa disposición no taboleiro da secretaría a partir do 24 de febreiro. Tamén se poderá consultar nos centros no que esté matriculado no presente curso, e a través da aplicación admision-alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

 

RESULTADO DO SORTEO PÚBLICO ANUAL DAS LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/23

Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/2023, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "V" e "U"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "A" e "Z".

 

PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES 

CURSO

PRAZAS

VACANTES

1º E.S.O.

30

15

2º E.S.O.

30

15

3º E.S.O.

30

15

4º E.S.O.

30

11

1º BACHILLERATO - CCT

17

4

1º BACHILLERATO - CCSS

16

8

2º BACHILLERATO - CCT

17

10

2º BACHILLERATO - CCSS

16

13

 

FASE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes de admisión abranguerá do 1 de marzo ao 21 de marzo de 2022, ambos incluidos.

Destinatarios:

Deberá presentar a solicitude de admisión no IES Xermán Ancochea:

  • O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.
  • O alumnado matriculado nun centro docente distinto que desexe cambiar a este centro, sempre que non sexa por cambio de etapa desde un centro de adscrición.

 Non ten que presentar solicitude de admisión:

  • O alumnado que continue estudos no IES Xermán Ancochea Quevedo, xa que ten garantía de permanencia.
  • O alumnado que solicitou reserva de praza e foi admitido por cambio de etapa desde os centros de adscrición.

 Importante:

  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Requisitos da solicitude:

  • Cada solicitude poderá conter unha relación de ata 6 centros, por orde de preferencia. No caso de que a persoa solicitante non fose admitida no centro indicado en primeiro lugar, aplicarase o procedemento para a adxudicación subsidiaria de postos escolares regulado no capítulo IV da Orde do 12 de marzo de 2013.

  • A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

    No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

  • As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección do centro, poderanse presentar mediante o formulario normalizado:

    • a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

    • de forma presencial no centro indicado como primeira opción.

    • de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación requerida:

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

 a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

  • Transporte escolar: 
    • ESO: Gratuito.

    • BACHARELATO: Gratuito previa solicitude á dirección do centro e autorización por parte da xefatura territorial de educación, dentro dos itinerarios establecidos para o ensino obrigatorio.

  • Comedor escolar: Soamente os luns.

 

NORMATIVA REGULADORA

Para o proceso de admisión: 

  • Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da lei orgánica 2/2006, de Educación. (BOE nº 340, de 30 de diciembre de 2020)

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria,de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG nº 29, de 11 de febreiro de 2022)

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG nº 256 - Martes, 22 de decembro de 2020)

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG nº 22, de 1 de febreiro de 2017)

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 53, de 15 de marzo de 2013)

Para os servizos complementarios:

Comedor escolar

 Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 154, de 13 de agosto de 2013)

Transporte escolar 

  • Lei 16/1987, de 30 de xullo de ordenación dos transportes terrestres. (BOE nº 182, de 31 de xullo de 1987)

  • Decreto 65/2014, do 28 de maio, polo que se modifica o Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 109, de 10 de xuño de 2014)

  • Real decreto 443/2001, de 27 de abril, sobre condiciones de seguridad en el transporte escolar y de menores. (BOE nº 105, de 2 de maio de 2001)

  • Decreto 342/1998, do 27 de novembro, polo que se modifica o Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros, de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 235, de 3 de decembro de 1998)

  • Orde de 15 de decembro de 1989, reguladora do transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia (DOG nº 6, de 9 de xaneirode 1990).

  • Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación de servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG nº 121, de 27 de junio) 

 

ANEXOS

 Anexo I - ED550A

 Anexo II - ED550B

 

Buscar nos contidos

 
 

 

Distribución de máscaras entre o alumnado de ESO

Publicada a orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regula a distribución de máscars entre alumnado da ESO. As condicións veñen recollidas en dita orde.

As máscarsa van dirixidas:

  • ao alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar
  • a alumnado que non fose beneficiario de material escolar pero pertence a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
  • alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta
  • alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65 €

O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/2022 non é preciso que presente a solicitude.

O alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resoltou excluído debe presentar sollicitude dende hoxe día 15 ata o vindeiro venres 26 de novembro.

As solicitude deben presentarse no centro utilizando o formulario normalizado (anexo I), e achegando tamén o anexo II, acompañdos da documentación precisa.

Enlace á normativa

Información relativa ás eleccións do consello escolar 2021

No presente curso celebraranse eleccións ao consello escolar (formado por 18 membros) reguladas pola resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG 29/9/2021) e o decreto 324/1996 do 26 de xullo. O 25 de outubro constituiuse a xunta electoral, órgano encargado da supervisión do proceso e que se reunirá os días 4, 15 e 29 de novembro. As datas a ter en conta neste proceso son:

 

  • Presentación de candidaturas para elixir (2 representantes de nais/pais, 4 representantes do alumnado e 5 representantes do profesorado) do 4 ao 15 de novembro.
  • Reclamacións á proclamación de candidatos do 15 ao 19 de novembro.
  • Votacións:
    • Representantes de nais/pais 25 de novembro de 20:00 a 22:00 horas
    • Representantes do alumnado 23 de novembro en horario lectivo.
    • Representantes do profesorado 24 de novembro no salón de actos ás 11:00 horas.
  • Cese dos membros saíntes e constitución do novos membros o 2 de decembro.

Animádevos a presentar as vosas candidaturas!!!!!!

Libros de texto do fondo solidario

A adxudicación definitiva dos Libros do Fondo Solidario publicarase o día 15 de setembro, e poderase consultar no taboleiro de anuncios de secretaría.

 

A entrega dos libros realizarase directamente aos alumnos os seguintes días:

  • Día 16 de setembro3º de ESO na sala de xuntas de 11:00 a 11:30

  • Día 17 de setembro 1º e 2º de ESO na sala de xuntas de 11:00 a 11:30

  • Día 20 de setembro 4º de ESO na sala de xuntas de 11:00 a 11:30

Información para o profesorado con novo destino no centro para o curso 2021/2022

O luns día 13 de setembro ás once da mañá terá lugar o claustro de entrega de horarios e información relativa á organización do centro para o curso no salón de actos do centro. 

información relativa ao comezo do curso 2021 2022

 

O inicio das actividades lectivas no presente curso levarase a cabo o vindeiro mércores día 15 de setembro. Debido á situación derivada da Covid-19 o comezo das actividades lectivas farase escalonado ao longo da xornada da seguinte forma:

  • HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR DENDE O DÍA 15 NO HORARIO HABITUAL CON CHEGADA AO CENTRO ÁS 8:15 HORAS E RECOLLIDA DO ALUMNADO ÁS 14:00 HORAS

Bo curso a todos/as !!!!!!

Calendario xeral 2021/2022

 

Normativa que regula o calendario: orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022 e orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación das ensinanzas de educación primaria, secundaria e bacharelato.

Exames finais pendentes anos anteriores (maio):

  •  3 e 4 de maio (bacharelato) 
  • 10 e 11 (educación secundaria obrigatoria)

     DATAS A TER EN CONTA:

  • 6 de xuño: terceira avaliación parcial para os cursos de educación secundaria obrigatoria para eso, 1º de bacharelato (neste caso é final) e ciclos formativos.
  • 7 xuño: entrega de notas terceira avaliación parcial para educación secundaria obrigatoria e ciclos e avaliación final ordinaria para primeiro de bacharelato.

  PERÍODO DE RECUPERACIÓN, AFONDAMENTO, REFORZO E REPASO

  • 6 de xuño – 22 de xuño:período abranguido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final (destinado a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría).
  • Exames extraordinarios de segundo bacharelato 20, 21 e 22 de xuño.
  • Exames extraordinarios de primeiro de bacharelato: 20, 21 e 22 de xuño.
  • Exames finais da eso de materias pendentes 20,21 e 22 de xuño.

 

Becas Eurolingua

 O prazo termina o vindeiro domingo 21 de abril.

Características do programa de bolsas:

Constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión en Irlanda todo incluído dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade. 

Pódese consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas EurolinguaO programa está becado ao 100% e inclúe:

  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamente do curso expedido polo colexio.
  • Teléfono de emerxencia 24 horas.
  • Non incluido, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.


Os requisitos para solicitar a beca son:

  • Idade mínima 14 años.
  • Media académica de polo menos 6 puntos.
  • Estar matriculado neste curso en algún destos estudios: ESO, Bachillerato, Ciclos Formativos ou Universidade (masters e doctorados incluidos).
  • Ter nacionalidade de calquera país da UE.
Distribuir contido


by Dr. Radut