Skip to Content

Calendario escolar

Cualificacións, recollida dos libros do fondo solidario e matrícula para o curso 20/21

 

O próximo martes 23 de xuño todo o alumnado pode consultar as súas notas a través da aplicación Abalar, pero establécense os seguintes días para a recollida dos boletíns de notas, entrega dos libros prestados do fondo solidario e recollida do sobre de matrícula para o vindeiro curso 2020-2021. Para evitar aglomeracións, no centro estruturamos de maneira escalonada a citación do alumnado para acudir ao centro da seguinte forma:

 

  • Martes 23 de xuño

    • 9:30-10:30: 1º de bacharelato e 1º de ciclo medio (para a recollida dos boletíns e matrícula no vindeiro curso)

    • 10:30-12:00: 2º de ESO (boletíns de notas, entrega dos libros prestados ao alumnado do fondo solidario e sobre de matrícula para o vindeiro curso do alumnado que aprobe todas as materias).

    • 12:00-13:00:3º de ESO (boletíns de notas, entrega dos libros prestados ao alumnado do fondo solidario e sobre de matrícula para o vindeiro curso do alumnado que aprobe todas as materias)

    • 13:00-13:30 2º de ciclo medio (boletíns, recollida dos papeis do pago de taxas do título que son 21,64 euros) 2º de ciclo superior (boletíns, recollida dos papeis do pago de taxas do título que son 52,94 euros)

  • Xoves 25 de xuño

    • 9.30-10:30: 4º de ESO (boletíns de notas, entrega dos libros prestados ao alumnado do fondo solidario e sobre de matrícula para o vindeiro curso do alumnado que aprobe todas as materias)

    • 10:30-12:30: 1º de ESO (boletíns de notas, entrega dos libros prestados ao alumnado do fondo solidario e sobre de matrícula para o vindeiro curso do alumnado que aprobe todas as materias)

    • 12:30-13:30: 1º ciclo superior (recollida de boletíns e documentación da matrícula do vindeiro curso).

  • Luns 29 de xuño

    • Preinscrición a ciclos formativos durante toda a mañá.

    • 2º fpb (boletíns e inscripción en ciclos)

  • As reclamacións ás cualificacións en xuño son os días 25 e 26 de xuño.

 

A recollida do sobre de matrícula será por quendas de grupos/cursos do día 1 ao 10 de xullo, en próximas datas enviaremos os días correspondentes a cada curso para traer os sobres. Establécese un período dende a recollida do sobre de matrícula no centro ata a súa posterior entrega no propio centro para que o alumnado dispoña de tempo para facer a elección das diferentes materias optativas.

 

Calendario fin de curso académico 2019/2020.

Ponse a disposición da comunidade educativa un resumo do calendario de actividades previstas para o fin de curso 2019/2020 no IES Xermán Ancochea Quevedo. Este calendario ten carácter provisional e orientativo, podendo sufrir algunha modificación en función das instruccións que se publiquen como consecuencia da evolución da situación sanitaria.

 Máis información.

Distribuir contido


by Dr. Radut