Skip to Content

Viaxes e saídas culturais

Saída TEATRO e CIDADE DA CULTURA

 

O alumnado do instituto viaxa a Santiago para ir ao teatro e á Cidade da Cultura. Pola mañá, asistirá á función teatral, Sofía e as postsocráticas de Inversa Teatro, pequenas pezas literarias inspiradas nas fábulas de Esopo que versan sobre a violencia machista. Pola tarde, visita a Cidade da Cultura para ver "A derradeira leición do mestre", cadro pintado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que recolle a brutalidade da represión franquista na Guerra Civil, e que se atopa por primeira vez en Galicia.

 

 

English Week

O alumnado de 4º ESO participará en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, no centro residencial dos Peares. O obxectivo é a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos diversificados e enfocados de cara á mellora da comunicación oral, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa.

A período en que se desenvolverá esta actividade será do 18 ao 24 de novembro.

TEATRO EN FRANCÉS

ACTIVIDADE:O alumnado de francés irá ver a obra de teatro, “20.000 lieues sous les mers”de J. Verne.

DATA: Venres, 30 de novembro de 2018.

LUGAR: Colexio Salesianos, Ourense.

HORA DE SAÍDA: 08:30

HORA DE CHEGADA: 14:00

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CORRELINGUA 2018 "A lingua non para"

 

O venres, 11 de maio, o alumnado da ESO asistiu ao CORRELINGUA, denominación que se lle dá de maneira común ás diversas carreiras en prol do idioma que se convocan en diferentes localidades de Galicia; no noso caso, en Ourense. O folión de Trives amenizou a andaina polas rúas de Ourense. 

 

 

 

 

Saída SANTIAGO ( METEOGALICIA e CGAC )

 

ACTIVIDADE: O alumnado visitará pola mañá MeteoGalicia e pola tarde o Centro Galego de Arte Contemporánea ( talvez tamén o convento de San Domingos de Bonaval e o parque de Bonaval ).

DEPARTAMENTOS: Física, Historia e Lingua Castelá.

DATA: Mércores, 25 de abril.

HORA DE SAÍDA: 8: 30

HORA DE CHEGADA: Arredor das 21:00

ALUMNADO: 4º ESO, 1º BAC e alumnado de Física e Química de 2º BAC.

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: Pablo, Ana e Zoraida.

 

Saída NEVE ( Manzaneda )

 

ACTIVIDADE: Esquí na Estación de Montaña Manzaneda.

MATERIA: Educación Física

DATA: Mércores, 7 de marzo.

LUGAR: Estación de Montaña Manzaneda.

HORA DE SAÍDA: 8:30

HORA DE CHEGADA: 14:00

ALUMNADO: 1º, 2º, 3º e 4º ESO, 1º e 2º BAC

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: María (EF), Luís Varela, Luís Padrón e Celso.

 

 

 

COUSAS de Castelao ( TEATRO )

ACTIVIDADE:Representación teatral de Cousas de Castelao

DEPARTAMENTO: Lingua Galega

DATA: martes, 6 de febreiro

LUGAR: A Rúa

HORA DE SAÍDA: 10:00

HORA DE CHEGADA:14:00

ALUMNADO:, 4º ESO, 1º e 2º BAC

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: María Dolores, Carmen Vivero e María Mercedes.

 

 

 

Horario saída VIGO

A saída do mércores día 24  ( Vigo) realizarase ás 8:30, non ás 7:00 como en principio estaba marcado. Lembrade que debedes traer a comida de mediodía. 

Saída VIGO ( Pergamiño Vindel e Illa San Simón )

 

 ACTIVIDADE: O alumnado visitará pola mañá o Museo do Mar, onde está o Pergamiño Vindel e pola tarde irán á illa de San Simón, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

 DEPARTAMENTOS: Lingua galega

 DATA: Mércores, 24 de xaneiro.

 HORA DE SAÍDA: 7:00

 HORA DE CHEGADA: Arredor das 20:00

 ALUMNADO: 3º e 4º ESO, 1º e 2º BAC

 PROFESORADO ACOMPAÑANTE: María Dolores, Susana, Zoraida e Ana.

 

 

 

Saída BANDE-Centro de interpretación-museo da QUARQUERNIA e VIA NOVA

 

ACTIVIDADE:Visita ao Complexo Arqueolóxico Romano ( sede da Fundación e Centro de Interpretación , Campamento Militar, Área Termal, Via Nova…)

DEPARTAMENTO: Latín e Historia

DATA:Luns, 15 de xaneiro

LUGAR: Bande ( Ourense )

HORA DE SAÍDA: 08:30

HORA DE CHEGADA:18:00

ALUMNADO:ESO, 4º ( Latín ) , 1º BAC ( Latín ) e 2º BAC ( Arte )

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: María Mercedes, Ana Early e Luís Padrón

Distribuir contido


by Dr. Radut