Skip to Content

Contías becas 2024-2025

 

Componentes das becas e cuantías:

 1. Contías fixas. Serán as seguintes:

a) Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2024-2025.

b) Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.

c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 2.500,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios

 

d) Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.

e) Bolsa básica para estudantes non universitarios: 300,00 euros. No caso dos s bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.

f) Contías adicionais para bolseiros con domicilio familiar na España insular, Ceuta e Melilla e para os estudantes universitarios con discapacidade.

2. Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.



page | by Dr. Radut