Skip to Content

Plan de dinamización lingüística

VIDEOTITORIAIS SOBRE CASTELANISMOS

Unha das actividades do EDLG do centro foi a creación de videotitoriais sobre os castelanismos presentes na nosa lingua. Esta actividade levouse a cabo cos grupos de 1º e 2º ESO e cos dous grupos de Bacharelato.

Todos eles foron quen de crear situacións comunicativas reais para poñer de manifesto estas interferencias lingüísticas. O vídeo está organizado en diferentes disciplinas e campos semánticos: léxico da alimentación, do corpo humano, da vía urbana e fonética.

Visita o facebook do instituto para ver o resultado final. https://www.facebook.com/xerman.ancocheaquevedo

PORTU-GAL

Eis unha das últimas actividades do EDLG deste curso académico. Desta volta quixemos facer unha chiscadela ao noso país veciño, Portugal e ao mundo da Lusofonía. Con esta actividade implicamos a toda a comunidade educativa na que coñecemos de primeira man os seus coñecementos sobre Portugal. Os encargados de realizar as entrevistas foron os alumnos de 1º Bacharelato.

Por outra parte, o alumnado de 2º ESO realizou un mural sobre os países que forman a Lusofonía e, finalmente, unha parte do alumnado de 3º ESO e de 4º ESO versionou o himno da Revolução dos cravos, Grândola, Vila Morena de Zeca Afonso.

Para coñecer todas estas iniciativas, visita o facebook do instituto:  https://www.facebook.com/xerman.ancocheaquevedo

Moitísimas felicidades a todo o alumnado, ao claustro e a toda a comunidade educativa do Xermán Ancochea.

LETRAS GALEGAS 2022. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

Este ano 2022 o Día das Letras Galegas dedicouse a Florencio Delgado Gurriarán. Visita o facebook do instituto ( https://www.facebook.com/xerman.ancocheaquevedo) para ver o vídeo no que damos conta de todas as actividades que desenvolvemos desde o EDLG para homenaxear a súa figura e a súa obra literaria.

 

Desde aquí, queremos agradecer enormemente o traballo e todas as xestións levas a cabo polo director do centro que se implicou desde o primeiro momento.

 

CERTAME LITERARIO RÍOS DE VIDA

Desde o EDLG do centro achegamos unha nova actividade. Desta volta imos convocar un certame literario destinado a todo o alumnado do centro (ESO, Bacharelato e Formación Profesional).

Dado que todos os membros do equipo formamos parte do Proxecto Ríos, coordinado pola profesora de Bioloxía, decidimos titulalo Ríos de Vida.

Consulta as bases no documento adxunto e participa. Temos premios para todas as categorías!

QUE XANTAMOS HOXE?

O alumnado de 2º ESO rematou a actividade Que xantamos hoxe?, lanzada desde o Equipo de Dinamización do centro, na que tiñan que crear o menú para un local da vila. Deixamos a fotografía co resultado final.

Non esquezades visitar o facebook do centro (https://www.facebook.com/xerman.ancocheaquevedo) para seguir todas as actividades que se desenvolven desde o EDLG.

 

Orgullo de alumnado. Orgullo de Trives!

 

23 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA

Desde o noso equipo de Dinamización estamos preparando todos os detalles para conmemorar o Día de Rosalía, que desta volta pasa a celebrarse o 23 de febreiro, e non o 24 como se facía ata este ano. Prestade atención porque o alumnado de 3ºESO está preparando algo moi, moi especial…

E chegou o Día de Rosalía, e para conmemoralo entregamos a toda a comunidade educativa os marcafollas e as chapas que podedes ver nas fotografías.

Por outra parte, o alumnado de 3ºESO gravou un vídeo musical insipirado nun dos grandes poemas da autora: "A xutiza pola  man". Non deixes de ver o vídeo no seguinte enderezo: http://furgandonoslibros2010.blogspot.com/search/label/Rosal%C3%ADa

 

É un orgullo tervos como alumnado! Seguide así!!

 

 

CONCURSO PUBLICÍTAME!

Co gallo de achegar o alumnado ás novas tecnoloxías e ao mundo da plublicidade, desde o EDLG do Xermán Ancochea, propoñemos o concurso Publicítame!

Consulta as bases no cartel e anímate a participar xa que haberá diferentes premios para cada unha das categorías.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa temos gañadores do concurso!

Na categoría ESO, todos os premios recaeron no grupo de 4º ESO.

O primeiro premio foi para Isabel Trigo co seu anuncio en vídeo sobre a abella Bela e o seu produto estrela: o mel.

O segundo premio foi para as alumnas Xoana Rodríguez e Analía Baloira, quen presentaron un anuncio sobre o Hotel Escourido.

Finalmente, o terceiro premio foi para a alumna Andrea González quen presentou un anuncio en vídeo sobre o entroido de Trives.

A todas elas, o EDLG quere agradecer a súa participación no concurso e a calidade dos proxectos presentados.

Na categoría de Bacharelato, todos os premios recaeron no grupo de 1º Bacharelato.

O primeiro foi Sergio Álvarez e María Gómez, que presentaron  un anuncio sobre o supermercado Suma, un dos máis coñecidos da vila de Trives.

O segundo premio foi para as alumnas Sofía Campos e Lucía Rodríguez, que achegaron un anuncio sobre un dos locais de lecer nocturno de Trives.

Finalmente, o terceiro premio foi para Alejandro Pérez, quen se presentou cun anuncio sobre un dos establecementos comerciais da vila de Castro Caldelas.

 Deixamos como documentos adxuntos fotografías de todos os gañadores do concurso. 

 

SAMAÍN 2021

 

Desde o EDLG do noso IES lanzamos o concurso de Podcasts de medo e, ao mesmo tempo, o concurso de cabazas. Deixamos as fotos das cabazas que se presentaron, da que resultou gañadora Lidia Álvarez, de 1ºESO.  Deixamos tamén, como documento adxunto, os carteis de ambos os concursos.  

 

 

PLAN DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA 2021-2022

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Xermán Ancochea Quevedo presenta o plan anual de actividades para este curso académico 2021/2022.

O Equipo está formado polas seguintes persoas:

Persoal docente:

Dona Ana García Early, profesora do departamento de Xeografía e Historia.

Dona Paula Mª Tomé Espiñeira, profesora do departamento de Lingua Castelá e Literatura.

Dona Yolanda Rodríguez Díaz, profesora do departamento de Música.

Don Gonzalo García Fortes (coordinador, profesor de Lingua Galega e Literatura).

Alumnado:

Lara González Magalhaẽs (2º Bacharelato).

Gisela Vega Moure (1º Bacharelato).

Andrea Sotelo González (1º Ciclo Superior de Sistemas Electrónicos e Automatizados).

Persoal non docente.

Don Enrique Gómez Castro, conserxe do centro educativo.

 

Para poñerse en contacto co equipo, podes enviarnos un correo ao enderezo: dinamizaciontrives@gmail.com

ALDAOLADO "Moita poesía, pouca diversión"

O xoves, 21 de novembro, tivemos a oportunidade de asistir a unha actuación poético-musical, MOITA POESÍA, POUCA DIVERSIÓN. Este espectáculo pretendeu chamar a nosa atención para os /as que miramos a poesía de reollo. Con Lucía Aldao e María Lado tivemos a oportunidade de presenciar un recital de poesía diferente, ameno, divertido e dotado de ritmo e comunicación aberta con toda a rapazada que alí estabamos e sempre tendo un papel activo. Música, xogos, historias que rodean os poemas, momentos de reflexión ..... Simplemente XENIAL!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut